Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

22/12/22 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta modifica o convenio coa concesionaria das autoestradas autonómicas para conxelar as peaxes e seguir bonificándoas en 2023, o que beneficiará a 26.500 galegos ao día

O presidente do Goberno galego resalta que, deste xeito, as autoestradas autonómicas de Galicia “seguirán a ser as máis baratas de toda España”

22/12/22 | 15:03 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que a Oferta de Emprego Público da Administración Xeral para 2022 ascende a 1.124 prazas, das cales 702 son de acceso libre

Destaca que a Xunta “hai anos” que solicitou sen éxito ao Goberno central que eliminase a taxa de reposición para poder convocar máis postos de traballo

22/12/22 | 14:54 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste 31,5 M€ para que os nenos nacidos no 2023 teñan acceso á tarxeta Benvida

Rueda resalta que máis de 92.500 familias galegas xa se beneficiaron desde 2016 desta axuda, cun orzamento acumulado de 196 M€, para atender os gastos que supón o nacemento dun fillo

21/12/22 | 20:13 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda agradece a Vázquez Portomeñe que conducira o Camiño ao seu rexurdimento para engrandecer a Galicia e facer dela unha orixe e un destino universal

Salienta a sabedoría do novo Embaixador do Camiño por facer da ruta unha metáfora da evolución de Europa cara unha maior integración baseada en metas comúns

21/12/22 | 14:50 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta a importancia da colaboración público-privada para converter a Galicia nun referente internacional do hidróxeno verde

Salienta que a Alianza, formada por máis de 700 empresas, institucións e axentes sociais, pretende que esta fonte de enerxía limpa se converta nunha oportunidade estratéxica para a industria produtora, pero tamén para outros sectores como o transporte ou a loxística

21/12/22 | 13:29 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta reforzará a atención primaria cun cento de profesionais para atender persoas que padecen diabete, hipertensión, insuficiencia renal ou obesidade

Lembra que estes dietistas/nutricionistas se suman ás 134 novas prazas de persoal, cuxa contratación xa está incorporada nos Orzamentos de 2023
 

20/12/22 | 14:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña que as universidades públicas galegas contarán co orzamento máis alto da súa historia en 2023 para seguir apostando polo talento e o I+D+i

Salienta que os 82 galardóns entregados non só recoñecen o talento dos seus beneficiarios senón tamén o esforzo e o mérito, calidades que a Xunta potencia na súa política educativa