Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia beneficiarase do reparto de fondos estatais para desenvolver un plan de bioseguridade centrado na sanidade animal e vexetal
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias reuniuse con responsables do Ministerio de Agricultura e doutras comunidades autónomas para abordar este futuro plan, dotado con 38 millóns de euros
A Xunta recoñece a implicación dos traballadores públicos por aproveitar as novas tecnoloxías para ofrecer unha mellor atención á cidadanía galega
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou na entrega da segunda edición dos Premios aos Empregados Públicos Innovadores, aos que se presentaron 34 iniciativas
Lorenzana aborda co alcalde de Monterrei medidas para fomentar a empregabilidade e a igualdade de oportunidades no Medio Rural
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro en Santiago de Compostela co alcalde de Monterrei (Ourense), José Luís Suárez, para abordar liñas de colaboración entre ambas as dúas entidades
A Xunta avanza no seu plan de acción específico para o control e xestión en Galicia da especie invasora herba da Pampa
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, abriu esta mañá o segundo seminario técnico do programa europeo ‘LIFE Stop Cortaderia’ sobre boas prácticas para o control desta especie exótica invasora no arco atlántico
A Xunta concede 176.000€ en axudas ao CCU zona monumental e a 24 establecementos comerciais de Pontevedra e ofrece un cribado voluntario de detección da covid-19 aos socios da entidade
Luisa Piñeiro mantén un encontro cos representantes do Centro Comercial Urbano do casco histórico na xornada de arranque da súa campaña de Nadal para trasladarlles o apoio do Goberno galego e informarlles da proposta de control sanitario para favorecer a seguridade e dar confianza á clientela
A Policía Autonómica realizou 32 inspeccións e tramitou 13 denuncias durante a fin de semana na provincia de Pontevedra nos controis de medidas ante a covid-19
Os 22 dispositivos despregados enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación do coronavirus, no marco da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias
A Xunta clausura o obradoiro de emprego O Castro, no que investiu 474.000 euros para formar en servizos forestais a 20 persoas desempregadas
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, entregou os diplomas aos participantes, dos concellos de Castroverde, Pol, A Pastoriza, Ribeira de Piquín e Riotorto
O Sergas presenta aos sindicatos o calendario de próximas convocatorias e exames OPE
Ademais, a Mesa sectorial de Sanidade aprobou por unanimidade, ampliar en máis do dobre, o número de prazas convocadas no concurso-oposición de acceso para o persoal médico especialista, acadando un total de 996 prazas
A Xunta pon en marcha a rede Emega para dar voz ás mulleres emprendedoras e incrementar as súas oportunidades laborais
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe en Santiago de Compostela na inauguración do III Encontro das emprendedoras do programa Emega co que se impulsa o emprendemento feminino
A Xunta presentará mañá os resultados da consulta ao mercado do proxecto Innovaugas 4.0 para o desenvolvemento de solucións novidosas na xestión da auga
No encontro abordaranse as 162 propostas innovadoras presentadas polos sectores empresariais e do mundo da investigación para responder aos retos dunha mellor xestión da auga e incrementar a capacidade de resposta ante o cambio climático