Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/12/20 | 18:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola dinamización da vida local a través das axudas destinadas a mellorar o funcionamento das asociacións veciñais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron esta tarde as melloras levadas a cabo na asociación de veciños de Cruceiro da Paz de Xunqueiras

14/12/20 | 17:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Trenor presidiu a firma do convenio co alcalde de Santiago do Plan de transporte metropolitano desta área cun investimento de 5,3 M€ en catro anos

A Xunta financiará as bonificacións nos billetes, os transbordos e os descontos a usuarios recorrentes e familias numerosas coa achega de máis de 1,3 M€ ao ano

14/12/20 | 16:29 | C. do Medio Rural

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria aposta polos lévedos autóctonos para a diferenciación da calidade aromática dos viños galegos

O grupo operativo desenvolveuse na denominación de orixe do Ribeiro, ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020

14/12/20 | 15:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As axudas da Xunta ao talento musical impulsan a produción de 18 novos traballos discográficos

Publícase na web da Agadic a adxudicación de máis de 100.000 euros a unha ducia de empresas musicais para diferentes fases relacionadas coa gravación e promoción de discos, ep, dvd e videoclips de moi diferentes estilos

14/12/20 | 14:37

Medio Ambiente concedeu este ano preto dun cento de axudas para actuacións nos seis parques naturais por 1,13 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución coas subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria 2020-2021, cofinanciada con fondos europeos Feader

14/12/20 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de reparación da cuberta das dársenas da estación de autobuses do Carballiño

A intervención conta cun investimento autonómico de preto de 11.000 euros e consiste na substitución dos máis de 250m2 da cuberta da zona central das dársenas e a da zona do encontro da mesma co edificio da estación

14/12/20 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense clausura o obradoido de emprego ‘Ribeiro 3.0’ en Beade

Gabriel Alén anunciou a inmediata posta en marcha dunha nova edición desta iniciativa laboral, tamén baixo o formato de obradoiro dual e cunha duración de nove meses, grazas a un investimento de case 353.000€ por parte da Consellería de Emprego e Igualdade

14/12/20 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de estabilización dun noiro na estrada PO-308 en Raxó, no concello de Poio

Os traballos teñen un prazo de execución dun mes e suporán un investimento superior aos 28.000 euros

14/12/20 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a execución dunha senda peonil na estrada AC-542, entre Carral e Ordes, para reforzar a seguridade dos peregrinos

Os traballos, cun investimento de preto de 48.000 euros, contan cun prazo de execución de dous meses

14/12/20 | 13:12 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o inicio de lexislatura máis intenso de todos, cun Goberno centrado na pandemia pero tamén na Galicia do futuro: familiar, moza, verde e innovadora

“A Galicia que pensamos para a vindeira década segue a ser a mesma que antes da covid”, di, lembrando que nestes 100 días conseguiuse presentar 12 novas leis, entre as que se inclúen os maiores Orzamentos da historia