Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/12/20 | 12:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras da senda na estrada PO-551 entre Trasouto e o Alto da Portela, en Bueu, e avanza na eliminación do treito de concentración de accidentes cun investimento total de 1,8 M€

Vázquez Mourelle explica que a execución da senda, cun investimento de 643.000 euros, comezará en primavera e rematará no vindeiro ano ou a principios de 2022

15/12/20 | 12:12 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 5.598 casos activos por coronavirus

Un total de 50.190 pacientes xa están curados

15/12/20 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de dezanove empresas presentan as súas ofertas para a execución do acceso á autovía autonómica AG-53 en sentido Ourense desde Dozón

Esta actuación foi licitada por máis de 1 millóns de euros e a obra conta cun prazo de execución de seis meses

15/12/20 | 12:04 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que Galicia conta con recursos autóctonos e sectores estratéxicos capaces de liderar a transformación económica e social da man de proxectos que impliquen ás pemes

O conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, chama a realizar un esforzo colectivo para crear un entorno favorable que permita á economía galega saír fortalecida da crise xerada pola covid-19 a través dun ecosistema económico, social e administrativo que favoreza os investimentos

15/12/20 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita os servizos de mellora e mantemento dos treitos interurbanos dos ríos da demarcación hidrográfica Galicia-Costa para os dous vindeiros anos por 5,6 M€, un 70% máis

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incrementa o orzamento do novo contrato con respecto ao actualmente vixente, incluíndo a posibilidade de prórroga por 3 anos máis, o que eleva o investimento ata os 14 M€

15/12/20 | 11:58

Sométese a información pública a inclusión no Catálogo de Árbores Senlleiras de catro sobreiras e sete carballos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se inicia este trámite, que permanecerá aberto por un período de 20 días hábiles a contar desde mañá

15/12/20 | 11:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reclama ao Ministerio que recapacite para que a nova biblioteca pública cubra as necesidades de Vigo e a súa área

O Goberno central corrixe á baixa e reduce á metade o proxecto remitido pola Consellería de Cultura “para que Vigo teña a biblioteca que merece”

15/12/20 | 10:28

A montaxe da campaña de información e sensibilización Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual da Xunta chega hoxe a O Rosal

A iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade, que está a percorrer Galicia, inclúe diferentes talleres e actividades lúdicas dirixidas a todas as idades

15/12/20 | 09:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O secretario xeral de Política Lingüística acompaña a Manuel Pombo Arias na presentación da obra ‘Desvendado’

O catedrático da USC e escritor, autor do coñecido 'Tratado de endocrinología pediátrica', mergúllase nos segredos que todas as persoas levamos dentro

14/12/20 | 19:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez reivindica o papel do CGAC, que duplicará en 2021 o seu orzamento para apoiar ao sector das artes plásticas

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade presidiu hoxe por videoconferencia o Consello Asesor do Centro Galego de Arte Contemporánea