Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Cidade da Cultura incorpora un orixinal miradoiro cara á Catedral de Santiago a través da obra de Manolo Paz
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o artista achegáronse ao Bosque de Galicia onde a intervención ‘Espellos’ funciona como unha gran fiestra de pedra
José González aposta pola potenciación da marca galega 100% e dos futuros selos para o leite de pastoreo e de produción integrada na entrega dos premios Exceleite 2020
O conselleiro destacou que a Estratexia persegue deica 2025 o impulso das marcas de calidade xa existentes e a regulación doutras novas, co obxectivo de posicionar no mercado produtos lácteos galegos con alto valor engadido
A Xunta aposta polo turismo inclusivo coa posta en marcha do centro asistencial e turístico de Aspanaes no Monte do Gozo
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, visitaron hoxe as obras de rehabilitación e adaptación do novo centro, no marco do Plan de Revitalización do Monte do Gozo
A Xunta convocará unha nova Oferta de Emprego Público para contrarrestar os efectos da Lei Celáa sobre o corpo de profesores técnicos de FP
O conselleiro Román Rodríguez anunciou que se abrirán 240 prazas para permitir a incorporación de profesionais especialistas a un corpo que está previsto que desapareza na LOMLOE
A Consellería de Medio Ambiente estudará colaborar co Concello de Triacastela nun proxecto de humanización de espazos públicos
A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse coa rexedora Olga Iglesias, quen lle trasladou tamén o seu interese por adquirir inmobles para rehabilitar co fin incorporalos ao parque de vivendas públicas do municipio
Galicia rexistra un total de 5.530 casos activos por coronavirus
Un total de 49.232 pacientes xa están curados
Feijóo anima á Autoridade Portuaria de Vigo a seguir apostando pola cidade, pola automoción, polo incremento do tráfico de materiais metalúrxicos e pola pesca
Afirma que para acadar estes obxectivos a institución portuaria contará coa colaboración activa do Executivo autonómico