Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/12/20 | 15:14 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta presenta o II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo como un foro necesario no que turismo e deporte se volven a dar a man en tempos de pandemia

O secretario xeral para o Deporte refírese á “capacidade de adaptación dos galegos para poder salvagardar o noso deporte -que potencia a nosa saúde- e o noso turismo -que potencia a nosa economía- en tempos de pandemia”

11/12/20 | 15:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a alerta laranxa por temporal costeiro desta tarde a todo o litoral galego

O fenómeno meteorolóxico adverso comezará no noroeste e oeste da Coruña e na Mariña lucense e estenderase ao suroeste da costa coruñesa e ao litoral de Pontevedra

11/12/20 | 15:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
11/12/20 | 15:07 | C. do Medio Rural

A Xunta distribuirá 7,3 M€ entre os 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia para apoiar o seu labor ata o ano 2022

O que se busca é que con estas achegas poidan proseguir coa implementación das estratexias no territorio e coa selección de novos proxectos que contribúan a acadar un maior desenvolvemento das áreas rurais, dentro da medida Leader

11/12/20 | 14:58

A Xunta asesora ás grandes cadeas de supermercados para que reactiven as medidas de prevención e saúde laboral ante a covid-19

Persoal técnico do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) celebraron hoxe unha xuntanza virtual cos responsables de prevención de Gadis, Vegalsa, Froiz, Mercadona, Día e Lidl para reforzar a protección cara ao Nadal

11/12/20 | 14:40

O arrastre de litoral sufriría o 64% da caída de ingresos da frota galega polo recorte de cotas proposto por Bruxelas no Cantábrico-Noroeste para 2021

Un informe do Executivo galego mostra que as reducións das posibilidades de captura defendidas por Bruxelas para especies como a pescada, o peixe sapo ou o rapante poden ter un impacto potencial na facturación deste segmento de buques de 8 millóns de euros, arredor de 150.000 euros ao ano por embarcación

11/12/20 | 14:33

Lorenzana subliña a contribución dos medios de comunicación na prevención da violencia de xénero e no avance cara á igualdade

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe en Santiago de Compostela o congreso da Asociación de Periodistas de Galicia ‘A influencia da pandemia na igualdade e na violencia de xénero’

11/12/20 | 14:26 | C. de Sanidade

Sanidade suaviza as medidas restritivas en Silleda, Ribadavia, A Laracha, Malpica, Cabana de Bergantiños, Vilanova e Xinzo e establece restricións noutros seis concellos

Os concellos de Sarreaus, A Rúa, Camariñas, Zas, Tomiño e O Rosal incorpóranse á listaxe de concellos con nivel medio-alto de restricións

11/12/20 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O investimento da Xunta en universidades no 2021 reforzarase cunha partida adicional de 10 M€ para innovación e dixitalización

Román Rodríguez salienta o compromiso do Goberno galego co labor das universidades para adaptarse ao covid, que se materializa na transferencia de case 14M€ en fondos

11/12/20 | 14:12 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia amplía ata 7,3 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico

Os datos oficiais do Banco de España volven situar a Galicia como a terceira comunidade de réxime común con menor endebedamento de España