Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego
Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por mar combinada do noroeste con ondas entre 5 e 6 metros, que poden chegar aos 7 metros na Coruña
O Sergas e as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF, SATSE e UGT consensúan o diagnóstico para o I Plan de Igualdade
Trátase do primeiro paso do Plan consensuado na Comisión de Igualdade entre a Consellería de Sanidade e as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF, SATSE e UGT
Medio Ambiente investirá 95.000 euros na obra de rexeneración do conxunto de Santa María do Campo, no Concello do Irixo
As actuacións previstas, cun prazo de execución de cinco meses, pretenden rexenerar o espazo público delimitado pola igrexa e o cemiterio, respectando a súa esencia e contribuíndo a manter o seu valor como espazo público de uso común
Galicia rexistra un total de 5.521 casos activos por coronavirus
Un total de 49.634 pacientes xa están curados
A Xunta realiza traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Dubra, Loureiro, rego do Souto e rego de Faxón, no concello de Val do Dubra
As tarefas de Augas de Galicia lévanse a cabo en tramos destes ríos no seu percorrido por distintos lugares das parroquias de Bembibre, Coucieiro e Niveiro
Un total de 86 mostras compiten nas catas dos queixos e dos meles 2020 que organizan a Xunta e os consellos reguladores
Nesta edición rexistráronse 29 industrias queixeiras con 49 mostras e 25 industrias do mel con 17 meles monoflorais e 20 multiflorais
A Xunta inicia a vindeira semana traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada autonómica OU-105 que comunica a cidade de Ourense e a Ponte Noalla, en San Cibrao das Viñas
Seguirase avanzando nos labores en marcha na estrada autonómica OU-540, que une Ourense e a fronteira de Portugal
Galicia e o Norte de Portugal organizan un ciclo de xornadas formativas sobre instrumentos europeos de apoio á innovación
A Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), colabora nestas xornadas dirixidas aos axentes do ecosistema de I+D+i da Eurorrexión
Preto de 143.000 persoas beneficiáronse en Galicia das actuacións cofinanciadas polo FSE desde o inicio do programa operativo 2014-2020
O programa aprobou ata finais de 2019 un total de 146 operacións por importe de case 356 millóns de euros nos tres eixes de intervención
Galicia traballará en Bruxelas para contrarrestar a proposta de redución de cotas en 2021 e pedirá que se teñan en conta os aspectos socieconómicos
A comunidade galega acompañará ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en representación das autonomías españolas ao Consello de Ministros de Pesca da UE da próxima semana no que se fixarán as posibilidades de captura do ano que vén