Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ourense acolle un seminario online para resolver dúbidas e axilizar as solicitudes das axudas do plan de rescate da Xunta
Promovidos por Turismo de Galicia en colaboración coa Vicepresidencia económica e a Consellería de Emprego e Igualdade, a xornada enmárcase no conxunto dos webinars que se están a celebrar nas catro provincias
A Xunta reforzará a aposta pola remuda xeracional no sector marítimo-pesqueiro para garantir a súa competitividade
A titular de Mar explicou que o seu departamento reforzará a súa aposta pola xente do mar e pola cogobernanza co sector para manter a súa fortaleza e a xeración de emprego e riqueza nas zonas costeiras
A Xunta defende o impulso de todas as administracións á innovación e á dixitalización para avanzar na recuperación económica
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na xornada dixital ‘Innovación e competitividade de empresas’, organizada polo Foro Empresa Pontevedra en colaboración co Instituto para o Crecemento Sustentable da Empresa
O Páramo convértese no primeiro concello galego en dispor dun plan básico de ordenación municipal
Este concello lucense abre a lista de municipios que se dotarán con este instrumento de ordenación recollido na Lei do solo para aqueles concellos de menos de 5.000 habitantes, xa que nos vindeiros meses oito máis aprobarán o seu propio plan básico
Fabiola García participa no programa de voluntariado dixital en residencias posto en marcha pola entidade Acolle
O Goberno galego colabora na financiación desta iniciativa con máis de 22.000 euros procedentes da distribución dos fondos do 0,7% do IRPF
Galicia rexistra un total de 5.795 casos activos por coronavirus
Un total de 48.285 pacientes xa están curados
Galicia esixe que se teñan en conta as peculiaridades do seu agro no reparto de fondos da futura PAC entre as autonomías
José González amosou a súa preocupación por algunha das cuestións que se negociaron en Europa e que tiveron o consenso do Goberno español, sen atender as expectativas galegas
A Xunta porá en marcha o próximo ano un Plan de choque para o reforzo do sector turístico dotado con 35,7 millóns de euros
Incluirá medidas como o seguro coronavirus, iniciativas de incentivos ao consumo como o Bono Turístico e Elixe Galicia, e o apoio á creación de paquetes turísticos atractivos no contexto da pandemia
Medio Ambiente abre mañá o prazo de solicitudes para poder pescar lamprea no río Ulla durante a vindeira tempada
O Diario Oficial de Galicia publica a orde pola que se regula esta práctica e se fixan os trámites, requisitos e condicións que deben cumprir os pescadores interesados