Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta contribúe á difusión do cinema galego no seu premiado percorrido polo circuíto de festivais internacionais
A Consellería de Cultura acaba de adxudicar 24.000 euros a nove produtoras galegas a través da convocatorias de axudas para a promoción de filmes galegos seleccionados en destacados certames audiovisuais
A Xunta remata as obras de mellora da rede de saneamento que conclúe na depuradora de Valga
A intervención supuxo un investimento autonómico de máis de 46.000 euros e centrouse no acondicionamento das conducións e pozos de rexistro en distintos núcleos da vila
A Xunta e o Concello de Porqueira colaboran para poñer en valor os recursos do agro neste municipio ourensán
O conselleiro do Medio Rural reuniuse por vía telemática coa alcaldesa, para avaliar a posibilidade de constituír unha aldea modelo e para avanzar no aproveitamento da riqueza forestal no seu territorio
A Xunta inviste 900.000 euros en impulsar a formación de 225 desempregados lucenses en empresas que terán que contratar como mínimo ao 40%
As Unidades Formativas na empresa, un programa da Consellería de Emprego e Igualdade, impulsou a inclusión de ata 60 novas especialidades no catálogo formativo do Servizo Público de Emprego Estatal
A Xunta apoia 15 proxectos de investigación galegos para dar resposta á pandemia por covid-19
Cunha axuda total de preto de 3M€, apoiaranse nove iniciativas de fundacións sanitarias e seis de universidades galegas que investigarán a caracterización clínica e biolóxica da enfermidade, técnicas de diagnose virolóxica rápida, terapias innovadoras e a análise masiva de datos orientados ao control epidemiolóxico
A Xunta pon en valor a colaboración coas asociacións veciñais na procura dunha mellora na calidade de vida local
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, reuníronse hoxe coa asociación de veciños Feira de Cabral que recibiu unha axuda de 16.039 euros para arranxos na cuberta e fachada
A Xunta entrega os diplomas aos 20 participantes no obradoiro ‘Via Künig I’, que mellorou espazos públicos de Becerreá, Baralla e As Nogais
O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na clausura do taller de emprego, financiado pola Administración galega con case 472.000 euros
Galicia envía ao Ministerio para a Transición Ecolóxica un informe que xustifica a súa postura en contra de incrementar a protección do lobo
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda envía unha carta, e dito documento, ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, no que lle argumenta as razóns polas que esta especie cinexética non debe ser incluída no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especia (Lesrpe)