Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/12/20 | 18:51 | C. de Economía e Industria

O Igape duplicará en 2021 a súa capacidade para apoiar o tecido produtivo galego na recuperación económica e na súa transformación

O director do Igape, Fernando Guldrís, compareceu esta tarde na Comisión 3º do Parlamento galego para explicar as principais liñas do orzamento do próximo ano

04/12/20 | 18:33 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Lugo acolle o encontro internacional 'Xuventude é Camiño' do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta

O evento, organizado por Vida Láctea e dirixido á mocidade xacobea, celebrarase na cidade da muralla e tamén se poderá seguir en liña os días 12 e 13 de decembro

04/12/20 | 18:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca o labor fundamental das bibliotecas públicas no fomento da lectura

A Consellería de Cultura publica anualmente o Calendario do Libro e da Lectura para animalas a celebrar actividades arredor das principais datas e efemérides

04/12/20 | 16:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá 9,6 M€ para aumentar a capacidade das empresas culturais a través dun hub que funcione como punto de encontro

Foi anunciado hoxe polo director da Agadic, Jacobo Sutil, que compareceu no Parlamento para avanzar as liñas de actuación do seu departamento en 2021

04/12/20 | 16:07

Portos de Galicia activa en fase de probas un sistema de previsión de correntes na comporta de Malpica

O ente público remite hoxe por primeira vez á confraría os datos orientativos sobre a conveniencia de uso da instalación

04/12/20 | 14:38 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega incrementa o seu orzamento no 2021 en máis dun 48% para avanzar na transición dixital de Galicia

O investimento crece un 75% respecto a 2020 para favorecer a vida no rural, contribuír a impulsar o emprego e a atraer talento dixital na Comunidade

04/12/20 | 14:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez trasládalle á alcaldesa de Forcarei que antes do vindeiro verán os menores de 21 anos do municipio poderán viaxar gratis no autobús interurbano coa tarxeta Xente Nova

Vázquez Mourelle indica que os veciños de Forcarei tamén poderán utilizar en 2021 a tarxeta TMG, coa que accederán a descontos do 10% sobre o prezo do billete

04/12/20 | 14:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro anuncia que a Xunta superará o próximo ano os 45 M€ de investimentos en Pontevedra que aparecen recollidos nos Orzamentos 2021

A delegada realiza unha visita institucional ao municipio e reúnese co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, para abordar o estado dos temas de interese para a cidade analizados previamente co presidente da Xunta