Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria incrementará un 35% o seu orzamento o ano que vén, aumentando un 40% o destinado á formación e duplicando o dirixido á innovación
José Luis Cabarcos engadiu que en xaneiro se comezará a desenvolver a Lei da calidade alimentaria e se potenciará a marca paraugas que amparará as producións de calidade, así como o novo selo de artesanía alimentaria
A Xunta pon en valor que os obradoiros de Paderne de Allariz e Verín permitirán a formación e o acceso laboral dos menores de 30 anos
A Xunta investirá máis de 700.000 mil euros en dous obradoiros de garantía xuvenil na provincia de Ourense
Feijóo pide reservar un lugar preferente ao naval nos fondos europeos e que España garanta a competencia en igualdade con outros países a través de novas medidas de apoio
“O sector necesita un horizonte despexado, axilización e unha colaboración público-privada”, recorda
A Xunta aposta pola participación das rexións europeas na execución dos fondos de recuperación
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión virtual da Comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións
A Policía Autónomica comisa máis de 18 quilos de produtos do mar no Porto de Cangas
Carecían de etiquetas de trazabilidade, factura de compra ou calquera outra documentación que acreditase a súa procedencia
A Xunta convocará a comezos de 2021 unha liña de axudas con 17 millóns de euros para mellorar a eficiencia enerxética de edificios existentes
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda supervisou unha actuación similar que se está a executar no número 1 da rúa Almirante Romay, grazas a unha axuda de 70.000 euros concecida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo
A Xunta aposta polo fomento da Ruta da Camelia para desestacionalizar a oferta turística
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe a inauguración dunha obra do escultor Cándido Pazos en Vedra sobre a camelia e o Camiño de Santiago
Ethel Vázquez anuncia que a Xunta someterá a información pública a comezos de 2021 o novo treito da VAP da Costa Norte mentres avanza na mellora das comunicacións da comarca
Vázquez Mourelle explica que se priorizará na VAP o treito de San Sadurniño, para o que xa se actualizou o proxecto construtivo e se engadiu o enlace coa AG-64
A Xunta achega ás pemes as aplicacións das tecnoloxías 4.0 para reforzar a competitividade no novo contexto económico
O director do Igape, Fernando Guldrís, asistiu hoxe ao último dos encontros dixitais sobre tecnoloxías emerxentes organizados en colaboración coa Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga), centrado na fabricación aditiva