Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/12/20 | 13:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa sobre os préstamos IFI dirixidos a apoiar proxectos innovadores de pequenas e medianas empresas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o director do Igape, Fernando Guldrís, presentaron esta mañá este instrumento financeiro que apoia proxectos de I+D+i de pemes para mellorar a súa posición competitiva

04/12/20 | 12:55 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 7.136 casos activos por coronavirus

Un total de 45.164 pacientes xa están curados

04/12/20 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta anima ás demais deputacións galegas a seguir o exemplo da de Ourense pola súa implicación na prevención dos incendios forestais

Medio Rural pediu ás catro deputacións colaboración neste eido, pero a de Ourense foi a única que respondeu, polo que insistirá nesta chamada á cooperación tamén na elaboración da futura lei de prevención e extinción

04/12/20 | 11:56

A Xunta destaca que as súas xestións permitiron o acceso do marisqueo a pé aos fondos europeos para mitigar os efectos do coronavirus

A directora xeral de Pesca explicou que a maioría das medidas para paliar o impacto da covid-19 son cofinanciadas polas comunidades autónomas, entre elas as da paralización dos mariscadores a pé e as compensacións da acuicultura e da transformación

04/12/20 | 11:44

O teléfono gratuíto para asesorar ás vítimas de ocupacións ilegais de vivendas empezará a funcionar o luns 7 de decembro

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinou esta mañá un convenio de colaboración co Consello da Avogacía Galega para que os propietarios ou usufrutuarios de inmobles afectados por este fenómeno reciban asistencia profesional sobre os trámites administrativos e xudiciais a seguir

04/12/20 | 11:40

A Xunta salienta a contribución da frota galega á busca de mellores fórmulas de xestión dos caladoiros e de protección dos recursos

A Consellería do Mar subliña o importante labor realizado polos armadores en aspectos como a selectividade das artes de pesca, a protección dos ecosistemas mariños vulnerables, na mellora da trazabilidade a bordo e na análise do impacto socioeconómico da actividade

04/12/20 | 11:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Galicia fortalece o sistema científico incrementando ata os preto de 18M€ o investimento aos 8 centros de investigación acreditados das tres universidades galegas

Feijóo avanza que a Xunta está a traballar na marca CIGUS como selo identificativo dos centros de investigación galegos, que permita proxectar Galicia como referente no eido científico e investigador

04/12/20 | 11:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina a acta de replanteo para a ampliación da avenida da Deputación de Arteixo e coordina co concello e cos empresarios de Sabón o inicio das obras despois do Nadal

Vázquez Mourelle precisa que durante a execución dos traballos se manterá sempre un carril útil para a circulación en cada sentido coa fin de minimizar afeccións, non afectando a plataforma completa e dando unha alternativa aos tráficos

04/12/20 | 11:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a convocatoria o día 19 de decembro das probas para o desempeño das funcións de xestor de transporte

Os exames realizaranse no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago, cumprindo coas medidas de prevención fronte á covid-19