Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/12/20 | 11:09 | C. de Sanidade

Profesionais, usuarios e colectivos de pacientes convocados a unha posta en común sobre a humanización no Sergas

A xornada, de carácter virtual, contou con relatores con experiencia en accións de humanización nos centros sanitarios galegos

04/12/20 | 10:47

Portos de Galicia inclúe nos orzamentos de 2021 novas bonificacións aos usuarios por importe dun millón de euros ante a crise da covid-19

O ente público só liquidará o 50% da taxa de ocupación de espazos portuarios ás concesións que contemplen usos hostaleiros, exime de pago ás terrazas e conxela as de recollida de residuos Marpol

04/12/20 | 10:37

A campaña de información e sensibilización 'Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual' recala hoxe en A Rúa

A iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade, que está a percorrer Galicia, inclúe diferentes talleres e actividades lúdicas dirixidas a todas as idades

03/12/20 | 20:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta expón no Museo do Mar de Galicia as 'Crebas' de Manuel Sendón

Anxo M. Lorenzo salientou o compromiso da Xunta coa dinamización da cultura no contexto da pandemia

03/12/20 | 20:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Pontevedra acolle un seminario online para resolver as dúbidas e axilizar as solicitudes das axudas do Plan de Rescate da Xunta

Promovido por Turismo de Galicia en colaboración coa Consellería de Emprego e o IGAPE, a xornada enmárcase no conxunto dos webinars que se están a celebrar nas catro provincias

03/12/20 | 20:10 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e federacións deportivas traballan na distribución do orzamento para 2021 que sobe nun 28,5%

José Ramón Lete Lasa, mantivo na mañá de hoxe unha xuntanza cos representantes das 58 federacións deportivas de Galicia na que se abordaron os principais temas con respecto a vindeira anualidade de 2021

03/12/20 | 19:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que o deseño biofílico representa unha oportunidade para a industria forestal

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou no webinario sobre a importancia da biofilia organizado polo Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia e o Clúster da Saúde de Galicia

03/12/20 | 18:58

A Xunta pon de relevo a importancia da negociación na resolución de conflitos no ámbito laboral

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, clausurou hoxe por videoconferencia o ‘Curso de negociación colectiva e individual no ámbito laboral’ do Consello Galego de Relacións Laborais

03/12/20 | 18:41

A Xunta pon en valor o traballo das mulleres rurais galegas e a súa capacidade para emprender e facer fronte ás dificultades

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe por videoconferencia na presentación das xornadas ‘Construíndo un futuro sustentable no medio rural’, que organiza a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur)