Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/12/20 | 10:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca o programa de Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2020-21

Esta iniciativa ten como finalidade estimular o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado e as familias, consolidar os espazos bibliotecarios como eidos de fomento da inclusión e a igualdade

06/12/20 | 10:22 | C. de Política Social e Igualdade
06/12/20 | 10:15 | C. do Medio Rural

A Xunta repartirá 7,3 M€ entre os 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia para apoiar o seu labor ata o ano 2022

Trátase de que con estas achegas poidan proseguir coa implementación das estratexias no territorio e coa selección de novos proxectos que contribúan a acadar un maior desenvolvemento das áreas rurais, dentro da medida Leader

06/12/20 | 10:12

Galicia avanza cara a neutralidade climática ao reducir máis de medio millón de toneladas de gases de efecto invernadoiro

A Consellería de Medio Ambiente vén de publicar o informe sobre as emisións GEI relativas ao ano 2018, período no que se rexistrou a emisión de 29,81 millóns de toneladas, case dous puntos menos que no ano anterior

06/12/20 | 10:00 | C. de Economía e Industria

As lanzadeiras para incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas arrancan na Coruña, Carballo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo

No programa, promovido pola Xunta e as fundacións Santa María la Real e de Telefónica, participan persoas sen emprego de entre 18 e 60 anos con diferentes niveis de estudos con ou sen experiencia laboral previa

06/12/20 | 10:00 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reservará 24 prazas para persoas con discapacidade intelectual na Oferta de Emprego Público para 2020

Esta será a terceira promoción de empregados públicos da Administración Autonómica con discapacidade intelectual

06/12/20 | 09:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de roza e limpeza nas marxes da vía de altas prestacións que comunica Cambados e Vilagarcía de Arousa

Seguirase cos traballos en vías da provincia de Pontevedra, nas zonas do Condado-Paradanta, Vigo-Baixo Miño e Tomiño e A Guarda

06/12/20 | 09:30 | C. de Economía e Industria
05/12/20 | 13:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ledicia Costas, Xurxo Lobato, Fegatea, aCentral Folque, Chema Prado, Xosé González, Fundación Penzol e Ildiko Szijj, Premios da Cultura Galega 2020

O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura e Educación, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior

05/12/20 | 13:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a accesibilidade ao embarcadoiro dos Chancís para facilitar a entrada ás embarcacións que percorren os canóns do Sil

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación deste proxecto que o Goberno galego apoia con máis de 194.000 euros co obxectivo de mellorar o confort dos turistas que se acheguen a desfrutar deste recurso turístico de gran interese paisaxístico