Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/12/20 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 130 M€ as obras do Hospital Público Gran Montecelo de Pontevedra que se iniciarán en xuño e suporán máis de 2.600 empregos

Trátase dunha infraestrutura sanitaria “estratéxica” e na que se priorizou a “humanización dos espazos” que a Xunta ten o máximo interese en axilizar para poñela ao servizo dos usuarios “canto antes”

07/12/20 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta realizará un cribado de detección da covid-19 entre os traballadores da hostalería e do turismo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantiveron hoxe unha nova reunión con representantes do sector

07/12/20 | 13:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inicia os traballos para a reforma da Lei de inclusión social de Galicia en colaboración coas entidades sociais

O obxectivo é adaptar a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) e as Axudas de Inclusión Social (AIS) ao novo contexto xurdido coa posta en marcha do Ingreso Mínimo Vital

07/12/20 | 13:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta coproducirá os novos espectáculos de danza de Andrea Quintana, Javier Martín e Kirenia Martínez Acosta

A Consellería de Cultura publica na web da Agadic a adxudicación destes tres contratos en réxime de coprodución co Centro Coreográfico Galego por un importe global de máis de 50.000 euros

07/12/20 | 12:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a aposta da Xunta polo emprendemento cun investimento en 2021 de 8 M€ para bonificar a adquisición de solo empresarial

Lembra que neste últimos cinco anos 350 empresas se beneficiaron destas bonificacións para adquirir solo industrial

07/12/20 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu máis 255.000 euros en axudas para a mellora das infraestruturas turísticas e de embelecemento do Camiño de Santiago na comarca da Coruña

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo financiou 12 proxectos para a posta en valor dos recursos turística desta comarca

07/12/20 | 12:16 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 75 persoas por 54 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 4 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 6 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 80 chamadas por accidentes de tráfico

07/12/20 | 11:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta un espazo web de referencia sobre o universo de Díaz Pardo que completa a exposición 'As miradas de Isaac'

A páxina ‘Isaac Díaz Pardo. Memoria viva’ conta con máis de 150 recursos dixitais nos que figuran fotografías, vídeos ou documentos históricos, algúns deles inéditos

07/12/20 | 11:54 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 6.644 casos activos por coronavirus

Un total de 46.575 pacientes xa están curados

07/12/20 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Ministerio de Ciencia e Innovación asinan o convenio do proxecto Innovaugas 4.0 para mellorar a xestión da auga e incrementar a capacidade de resposta ante o cambio climático

O proxecto, que conta cun orzamento de 7 millóns de euros, busca acadar solucións novidosas, optimizar os recursos hídricos e dar resposta ás demandas dos diferentes usos da auga en equilibrio co medio natural e os ecosistemas fluviais