Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

09/12/20 | 14:36

A Xunta enxalza a aposta continua da conserva galega por gañar en competitividade sen esquecer a responsabilidade empresarial

A Consellería do Mar subliña o compromiso das empresas de Anfaco-Cecopesca na busca de solucións aos problemas sociais, económicos e medioambientais das poboacións ou localidades nas que están asentadas

09/12/20 | 14:30 | C. do Medio Rural

A Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo galego persegue profesionalizar os gandeiros para incrementar a produción, a competitividade e a rendibilidade das súas explotacións

Así o resaltou José Balseiros no quinto concello con maior produción de leite da comunidade, onde apuntou que a Xunta traballará para que as cooperativas entren no capital das industrias e se beneficien da transformación do produto

09/12/20 | 13:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove a difusión dos valores da obra de Neira Vilas a través do V concurso 'Balbino' de relatos

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da obra galardoada, que recaeu en ‘Bica de Montouto’, de Pepe Peinó

09/12/20 | 13:17

Ángeles Vázquez resalta que coa futura Lei de residuos Galicia adiántase ao Estado para avanzar no modelo de economía circular

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abriu esta mañá o debate da totalidade do proxecto lexislativo no Parlamento defendendo a necesidade de renovar o actual marco normativo galego para adaptalo ás directrices comunitarias

09/12/20 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
09/12/20 | 13:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita as obras do CPI Antonio Failde de Coles

Gabriel Alén, comprobou esta mañá o estado das obras da ampliación do comedor e da construción dun salón multiusos nas que a Xunta investiu máis de 96.000 euros para mellorar a prevención fronte á covid-19

09/12/20 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto da primeira fase da variante de Carballo

Suporá un investimento de 132.000 euros e un prazo de execución de 20 meses

09/12/20 | 12:19 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 5.927 casos activos por coronavirus

Un total de 47.872 pacientes xa están curados

09/12/20 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina esta semana cos nove concellos do Plan de Transporte Metropolitano de Lugo o convenio para renovalo por outros catro anos

O delegado territorial, Javier Arias, subliñou que a Xunta achegará 81.500 euros anuais para financiar os descontos nos billetes, os transbordos e as bonificacións adicionais

09/12/20 | 11:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do Concello de Culleredo do treito inicial da estrada AC-213, entre O Burgo e Os Campós

Trátase do treito duns 1,8 quilómetros de lonxitude que discorre integramente polo termo municipal e no que a Xunta vén de investir 350.000 euros na mellora do firme