Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/12/20 | 10:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor presidiu a firma dos convenios cos alcaldes dos concellos integrados no Plan de Transporte Metropolitano da Coruña cun investimento de 15,2 M€ en catro anos

A Xunta financiará as bonificacións nos billetes, os transbordos e os descontos a usuarios recorrentes e familias numerosas coa achega de máis de 3,8 M€ ao ano

10/12/20 | 09:28

A Xunta leva ata Vimianzo a campaña de información e sensibilización Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual

A iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade, que está a percorrer Galicia, inclúe diferentes talleres e actividades lúdicas dirixidas a todas as idades

09/12/20 | 20:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo aposta por "restituír a esencia de Meirás" e convertelo nun Faro da Igualdade sen esquecer a etapa franquista

Salienta que a Xunta está traballando nun plan de usos do Pazo con dúas vertentes: potenciar a importancia da muller na creación intelectual e aproveitar o legado de Emilia Pardo Bazán como unha das pioneiras do feminismo en España

09/12/20 | 18:43 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias anuncia que a Xunta ten firmado o convenio para licitar a ampliación do Ifevi, pendente da expropiación dos terreos

A delegada territorial da Xunta en Vigo indica que as actuacións poderanse licitar de xeito inmediato unha vez que o Concello “poña a nosa disposición os terreos”

09/12/20 | 18:23

Galicia cifra en preto de 30 millóns de euros o impacto que tería no conxunto da economía galega o recorte de cotas de pesca proposto por Bruxelas para o Cantábrico-Noroeste no 2021

Un informe da Xunta mostra que as reducións propostas, que exclúen aos caladoiros do Gran Sol e Francia á espera das negociacións sobre o brexit, suporían unha perda potencial de 12,5 millóns de euros na primeira venda de produtos do mar e afectarían a máis de 2.300 tripulantes das diferentes frotas

09/12/20 | 17:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Coruña acolleu un seminario online para resolver dúbidas e axilizar as solicitudes das axudas do Plan de Rescate da Xunta

Promovidos por Turismo de Galicia en colaboración coa Vicepresidencia económica e a Consellería de Emprego e Igualdade , a xornada enmárcase no conxunto dos webinars que se están a celebrar nas catro provincias

09/12/20 | 17:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias e Alfonso Penela constatan o avance a bo ritmo das obras da Cidade da Xustiza

A representante do Executivo autonómico recorda que, cun investimento de máis de 40 millóns, a obra xudicial de Vigo e a máis importante da historia de Galicia

09/12/20 | 17:11 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza que a nova Lei de recuperación da terra agraria promoverá a posta en valor dos terreos abandonados e facilitará base territorial a quen a desexe traballar

Subliña que busca revitalizar o rural e traballar pola recuperación demográfica; polo incremento da calidade de vida da poboación e pola anticipación ante os lumes forestais