Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta avanza que a nova Lei de loita integral contra os incendios forestais comezará a súa tramitación o vindeiro mes de outubro
José González sinalou a oportunidade de lexislar “en consenso” no desenvolvemento desta nova Lei, unha norma que avanza en colaboración cos profesionais do Servizo de prevención e defensa contra os incendios e cos seus representantes
A Xunta inviste 2,3 millóns de euros na modernización dos quirófanos de neurocirurxía do Hospital Clínico de Santiago e do Universitario de Ourense
O Goberno galego estende con esta adquisición o sistema de planificación en neurocirurxia corporativa, que permite programar as cirurxías desde calquera punto do hospital, a todos os servizos de neurocirurxía do Sergas
A nova Lei de áreas empresariais de Galicia, pioneira a nivel estatal, permitirá axilizar, simplificar e flexibilizar a planificación e creación de solo
A normativa aprobada hoxe ten como obxectivo dotar a Comunidade de espazos empresariais competitivos, funcionais e totalmente equipados, garantindo o equilibrio entre o uso sustentable do territorio e a actividade económica
O Centro Mixto de Investigación Magna-Ctag permitirá avanzar no desenvolvemento de armaduras de asento de nova xeración para a automoción
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá no Porriño nun encontro de lanzamento deste centro mixto de investigación -un dos tres primeiros creados-, que mobilizará 3,9 millóns de euros ata 2025
Avanza a rodaxe en Galicia co apoio da Xunta de ‘O corno’, a segunda longametraxe de Jaione Camborda
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visita o equipo durante a xornada de traballo en Vilanova de Arousa desta coprodución internacional encabezada polas galegas Esnatu Zinema e Miramemira xunto á produtora de Alcarrás
A Xunta constata a falta de previsión do Goberno de España sobre o pago a Galicia dos descontos do transporte público autonómico
O Ministerio de Transportes recoñece en resposta a unha consulta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que descoñece aínda as contías concretas que se destinarán a cada comunidade autónoma e segue sen avanzar a data na que efectuará o pago
Ethel Vázquez celebra o inicio efectivo das obras da nova estación de autobuses intermodal da Coruña, un gran centro de transporte público con case 40 M€ de investimento
Vázquez Mourelle explica que este complexo inclúe a nova estación de autobuses, a remodelación da terminal ferroviaria, que debe prepararse para recibir o AVE, un aparcadoiro e os accesos axeitados, sumando un total de 120 M€
Fernández-Tapias salienta a colaboración entre Fundamar, Universidade de Vigo e Xunta para promover a innovación responsable no sector pesqueiro
A delegada territorial da Xunta participou na apertura da xornada na que se presentaron os resultados do Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable no ámbito mariño
Galicia, exemplo de innovación na loita contra a covid-19
A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde lidera o proxecto europeo TITTAN Covid-19 con cinco rexións europeas
A Xunta destaca o traballo da Fundación Menela para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA
Destina 1,8 millóns de euros a financiar 69 prazas residenciais e de día, así como diferentes programas de terapia ocupacional, de fomento da autonomía persoal ou de respiro familiar