Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

27/09/22 | 12:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para que os centros educativos presenten os seus traballos ao certame de imaxes e pezas audiovisuais polo 25-N, Día contra a violencia de xénero

O alumnado de centros de Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas Especiais de Artes Plásticas e Deseño poden presentarse ao concurso ata o próximo 31 de outubro
 

27/09/22 | 12:46 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan a conferencia “Computación cuántica na industria”

Será impartida por Lois Orosa Nogueira, director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia que lidera o Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia

27/09/22 | 12:37 | A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que a Xunta investirá o maior presuposto da historia nun proxecto de país que xere oportunidades e certezas ao conxunto da cidadanía galega

Adianta que o Goberno galego aplicará con efectos inmediatos unha deflactación do IRPF nos seus primeiros tramos, ata os 35.000 euros, con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro
 

27/09/22 | 12:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Muíños colaboran na mellora do sistema de abastecemento municipal en varios núcleos do municipio

A Xunta financiará integramente as actuacións, achegando 48.000 €, e asesorará tecnicamente á administración local para optimizar a calidade de subministro de auga potable os veciños dos núcleos do Agrelo, Pazó e das Maus de Salas
 

27/09/22 | 12:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña que iniciativas como High Tech Auto contribúen a consolidar o ecosistema de innovación da automoción galega

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa na inauguración do 1º Foro – Feira High Tech Auto, onde destaca o papel desta incubadora na transferencia de tecnoloxía a toda a cadea de valor da industria
 

27/09/22 | 12:18

A Xunta e o Centro de Investigación BDRI do Grove traballan na busca de medidas para minimizar no futuro a interacción das candorcas cos barcos a vela

A presidenta de Portos de Galicia reuniuse coa directiva da entidade para impulsar fórmulas que potencien o coñecemento e a prevención para facer fronte a esta problemática como accións disuasorias ou sistemas de alerta

27/09/22 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra mantén unha reunión de presentación e traballo co novo comisario xefe provincial

Luis López recibiu no edificio administrativo da Xunta en Campolongo a Juan José Díaz Jiménez, ao que lle ofreceu a total colaboración do Goberno galego

27/09/22 | 11:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía ata 1 M€ o crédito da axuda para comprar bicicletas eléctricas, que xa atendeu 82 solicitudes en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que os interesados poden acceder ás achegas ata o 15 de novembro a través dos 16 establecementos colaboradores na provincia

27/09/22 | 11:24

A Xunta destina máis de 11 M€ a 23 obradoiros de emprego na provincia de Pontevedra para formar durante un ano a 446 persoas desempregadas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e a xefa territorial de Emprego, Marta Mariño, veñen de presentar esta nova quenda de iniciativas laborais, que comezarán a vindeira semana e beneficiarán a 35 concellos
 

27/09/22 | 11:18 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.352 casos activos por coronavirus

Un total de 672.421 pacientes xa están curados