Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 323 novas da área temática Cooperación:

30/11/22 | 19:02

A Xunta colabora na formación de 26 persoas para avanzar na transformación dixital e industrial no sector da construción

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, clausurou hoxe dous cursos impulsados pola Xunta de Galicia e a Fundación Laboral da Construción sobre novas tendencias no sector

30/11/22 | 15:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina máis de 7 M€ á formación laboral de 1.227 persoas de Vilagarcía de Arousa cos cursos AFD, o obradoiro de emprego e a formación profesional

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou esta mañá o obradoiro de emprego dual Forme 2022, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 504.000€, xunto ao alcalde Alberto Varela
 

29/11/22 | 12:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reúne a expertos no ámbito da infancia para tratar estratexias fronte situacións de abusos sexuais

Ao redor dun centenar de profesionais do eido social, educativo, xurídico ou sanitario déronse cita neste encontro formativo

24/11/22 | 18:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP analiza nun webinario o relevo xeracional da función pública marcado pola dixitalización

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu hoxe xoves o webinario “O inaprazable reto da remuda xeracional da función pública no marco dos desafíos do sector público na terceira década do século XXI”

24/11/22 | 15:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delgado territorial da Xunta en Ourense visita aos participantes dun talles práctico sobre poda da vide

Gabriel Alén louvou, tanto as instalacións como o traballo, alta cualificación técnica, a experiencia e a implicación dos profesionais que neste centro de referencia desenvolven a súa actividade investigadora a prol do sector vitivinícola de Galicia

24/11/22 | 13:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lanza unha nova convocatoria de axudas á formación dos profesionais do sector do transporte por estrada, dotadas cun orzamento de 500.000 €

Promóvese a mellora das capacidades dos profesionais do sector en eidos como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial

23/11/22 | 19:00

Un 60% dos 193 participantes do programa autonómico EmpregaNAV en Ferrol conseguiron emprego

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, acompañada da delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presentou os resultados deste proxecto encamiñado a mellorar a empregabilidade de persoas desempregadas da industria naval

23/11/22 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta dálle un novo impulso ao Campus de Ferrol cunha inxección de 1 M€ para o futuro Centro de Investigación en Industria Intelixente

Román Rodríguez subliña que esta infraestrutura vai ser un “polo de innovación ao servizo de proxectos estratéxicos de enxeñaría, innovación e deseño”