Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

31/08/22 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén destaca as axudas da Xunta para corrixir os impactos paisaxísticos, que beneficiaron a 15 concellos e 195 particulares

Na provincia de Ourense, 15 concellos resultaron beneficiarios por un importe de preto 300.000 euros e as axudas a particulares foron 195 por un importe de algo máis de 500.000 euros

31/08/22 | 14:07 | C. de Política Social e Igualdade

O programa de minicampamentos ‘Coñece Galicia’ da Xunta de Galicia remata esta semana con actividades como as do Xeocampamento do Courel

Xunto con este minicampamento na montaña lucense, tamén rematan as actividades nos minicampamentos Náutica e Audiovisual, en Sada, e Natura III, en Sanxenxo

31/08/22 | 13:53 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta aplicará desde mañá un desconto do 50% nos prezos do autobús autonómico e estenderá as rebaixas ao transporte da ría de Vigo e ao ferrocarril na área de Ferrol

Os autobuses urbanos de Pontevedra e Ferrol tamén se beneficiarán deste desconto, xa que a Xunta é responsable da prestación dos servizos nesas cidades

31/08/22 | 13:10

A Xunta destina case 0,5 M€ á recuperación ambiental de 84 hectáreas no Corredor Ecolóxico do Río Eo

Os traballos comezaron o pasado mes de maio e inclúen labores de erradicación de especies invasoras e árbores mortas, plantación de exemplares autóctonos, seguimento poboacional de peixes migradores e restauración de sendas e camiños

31/08/22 | 13:05

A Xunta fomenta a sostibilidade nas iniciativas empresariais a través do programa de mentoring Galicia Camiño Emprendedor

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, realizou unha etapa desde Vilalba ata Baamonde no marco deste programa que desenvolven a Administración galega e Fundación Ronsel

31/08/22 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta duplica este verán o investimento en obras en colexios e institutos ata os 64 M€ para 357 proxectos

Román Rodríguez destaca o “gran avance” de Galicia para dispor de centros “máis cómodos para alumnos e profesores, más respectuosos co medio ambiente e máis eficientes no consumo de enerxía, algo clave nestes momentos”

31/08/22 | 12:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa unha nova convocatoria dotada con 6 M€ para impulsar o emprendemento innovador

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación, publica hoxe as axudas para as iniciativas empresariais excelentes que non obtiveron financiamento no programa estatal Neotec por falta de crédito

31/08/22 | 12:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia investirá 4,7 M€ na reforma total do IES Valle-Inclán de Pontevedra, "unha obra histórica para un instituto histórico con 114 anos"

Román Rodríguez presenta esta intervención integral, que superará amplamente as previsións iniciais para responder a todas as necesidades detectadas