Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta licita por máis de 10,3 M€ as obras de ampliación da capacidade e de mellora do funcionamento da estación depuradora de augas residuais de Sada
Trátase de incrementar o volume de depuración, minimizar os actuais problemas de vertidos en tempo de choiva e tratar todas as augas residuais xeradas no municipio nun escenario futuro
A Xunta adxudica por 48.000 euros as obras de renovación da estación de bombeo de auga para a mellora do abastecemento do concello de Oímbra
O obxectivo é dotar dun correcto servizo de abastecemento aos veciños, resolvendo as deficiencias da estación de captación e bombeo, que ocasionan frecuentes avarías que provocan a interrupción da subministración
A Xunta adxudica por preto de 200.000 euros as obras para dotar dun novo sistema terciario a depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal
Os traballos contan cun prazo de execución de 3 meses e teñen como obxectivo optimizar e incrementar as posibilidades de tratamento das augas da depuradora
A Xunta adxudica por preto de 270.000 euros a execución do ‘by-pass’ no río Anllóns, en Carballo, co obxectivo de minimizar o risco de inundacións
A intervención, que conta cun prazo de execución de 6 meses, mellorará a capacidade hidráulica do río ao seu paso pola zona de Muíño do Quinto
A Xunta asina a colaboración co concello de Riós para a renovación e mellora do abastecemento e do saneamento no núcleo do Navallo cun investimento de máis de 405.000 €
O Goberno galego prevé licitar as obras antes de que remate o ano para poder executalas durante o vindeiro ano 2023
A Xunta considera que o peor da seca está superado ao constatar un incremento do 800% nos caudais dos ríos nas últimas semanas
A mellora da situación permite desactivar o estado de seca prolongada na Mariña luguesa e na zona de Ortegal e Cedeira, pasando a completa normalidade
A Xunta recibe 17 ofertas para executar as obras de mellora do bombeo e o colector de Cabanelas, en Cambados e Ribadumia, cun investimento de máis de 1 M€
O Goberno galego prevé comezar estes traballos no 1º semestre de 2023 e rematalos nese mesmo ano
A Xunta avanza nos traballos de construción de novos pozos para o regadío da Limia cun investimento total de case 6 millóns de euros
José González lembrou que as actuacións consisten na construción de 40 novos pozos de sondaxe de auga nesta bisbarra ourensá
A Xunta mellora e amplía as instalacións náuticas aboiantes de Betanzos facilitando o acceso das embarcacións á lámina de auga
Portos de Galicia iniciou os traballos na zona cun orzamento de arredor de 35.000 euros
A Xunta adxudica por preto de 320.000 euros as obras de mellora do sistema municipal de abastecemento de auga de Leiro
O obxectivo desta actuación é resolver os problemas da rede de subministración do municipio, coa renovación da tubaxe que conduce a auga desde Pazos de Arenteiro, no concello de Boborás, á estación de tratamento de auga potable de Leiro