Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

18/07/22 | 08:44 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8h. de hoxe

Segue decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Riodolas, que afecta unhas 2.400 hectáreas
 

18/07/22 | 07:33 | C. do Medio Rural

Solicitada como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal activo en Palas de Rei, parroquia de Ramil

A situación operativa de emerxencia que se solicita neste incendio -que supera as 20 hectáreas- responde á proximidade do lume aos núcleos de Pambre e Chorexe
 

17/07/22 | 18:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o papel do Abanca Pantín Classic Galicia Pro para afianzar á comunidade como capital internacional do surf e destino ideal de turismo deportivo

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, na entrega de trofeos, onde puxo en valor o bo papel dos deportistas galegos nesta competición, así como os bos resultados acadados nos últimos anos que consolidan a hexemonía do surf galego en campionatos nacionais e internacionais

17/07/22 | 17:30 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa nos actos do XXXVI remonte anual marítimo fluvial conmemorativo da Traslatio Apostólica

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro destacou a importancia da nosa comunidade como un destino inigualable para o desfrute do turismo marítimo e neste caso vinculado ao Camiño de Santiago

17/07/22 | 16:18 | C. do Medio Rural

A Xunta prevé decretar ao longo deste ano sete novas zonas de concentración parcelaria na provincia de Lugo

Estas novas parcelarias suporán a reorganización de case 4.600 hectáreas de superficie, distribuídas en preto de 15.400 parcelas propiedade de 2.300 veciños

17/07/22 | 16:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/07/22 | 16:14 | C. do Medio Rural

Solicitada como medida preventiva a Situación 2 en senllos incendios forestais activos en Carballeda de Valdeorras e Folgoso do Courel

Canto ao incendio de Carballeda de Valdeorras-Riodolas, que se vén de reactivar por mor dun cambio de vento e que rolda as 1.100 hectáreas segundo as últimas estimacións, a medida declárase pola proximidade do lume ao núcleo de Candeda

17/07/22 | 16:06 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe

Segue decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio rexistrado no concello lugués da Pobra do Brollón, parroquia de Saa, que afecta unhas 600 ha

17/07/22 | 13:55 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará a calidade dos produtos galegos na 99ª edición do Festival de Cornualles

Unha serie de produtos con indicativo de calidade participarán nunha xornada sobre cultura gastronómica galega o próximo venres, que consistirá nunha conferencia e nunha cata

17/07/22 | 13:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta ten aberto o prazo de axudas para a creación e lanzamento de plataformas de ‘Marketplace’ para produtos agroalimentarios

Os apoios contan cun orzamento total de 350.000€ e as solicitudes poden presentarse ata o 8 de agosto