Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

17/07/22 | 09:52 | C. do Medio Rural

A Xunta prevé decretar ao longo deste ano catro novas zonas de concentración parcelaria na provincia de Ourense

Estas novas parcelarias suporán a reorganización de case 4.600 hectáreas de superficie, distribuídas en preto de 15.400 parcelas propiedade de 2.300 veciños

16/07/22 | 17:00 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta participa na saída da Travesía a nado #PoloDanoCerebral desde a praia do Preguntoiro en Vilanova

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, destacaron que esta travesía ten como finalidade incrementar o coñecemento e a visibilidade na sociedade do dano cerebral

16/07/22 | 16:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o labor de Fegadace na procura dunha maior visibilidade das persoas con dano cerebral

Na actividade participaron nadadores con e sen dano cerebral co fin de poñer en valor a inclusión e a promoción de hábitos saudables para a súa prevención

16/07/22 | 16:24 | A Presidencia da Xunta

Rueda reafirma o apoio da Xunta aos familiares do "Villa de Pitanxo" e garante que lle trasladará ao presidente do Goberno as súas reivindicacións sobre a investigación do accidente

Nun novo encontro con representantes das familias, comprometeuse a facer chegar a Pedro Sánchez unha carta coas súas demandas

16/07/22 | 15:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
16/07/22 | 14:13 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe

Segue decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio rexistrado no concello lugués da Pobra do Brollón, parroquia de Saa, que afecta unhas 550 hectáreas

16/07/22 | 13:40 | C. de Economía e Industria

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia atendeu 125 consultas diarias durante o primeiro semestre do ano

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na actividade Consumo Responde, na que se conectou cos nenos e nenas que asisten a un dos campamentos de verán de LecerConsumo

16/07/22 | 13:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o festival itinerante ‘Danza en el Camino´ e as súas exhibicións en Sarria, Portomarín e Santiago de Compostela

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades impulsa a colaboración exterior e a expansión desta disciplina artística ao colaborar co encontro organizado polo prestixioso Certamen Internacional de Coreografía Burgos & Nueva York