Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta participa na reunión da España Verde en Avilés onde presentaron o documental dirixido á promoción turística internacional
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou que a producción audiovisual Vivir de Preto incorpora a dimensión humana á promoción turística
A partir do 1 de agosto poderán solicitarse as axudas da Xunta para adquirir bicicletas eléctricas, dotadas cun orzamento de 500.000€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a primeira convocatoria destes incentivos, enmarcada na iniciativa EBici do Goberno galego
A Fundación Galicia Europa analiza os novos retos da UE e a súa repercusión en Galicia
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, explicou hoxe na reunión do Padroado da FGE as actuacións desenvolvidas pola entidade en 2021
A Xunta entrega os diplomas aos 20 participantes no obradoiro de emprego compartido por Xove, Burela e Cervo
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se investiron 347.000 euros no proxecto, que formou a traballadores desempregados en especialidades de xardinaría e construción
A Xunta celebra a resolución xudicial sobre Meirás e chama a seguir esta estratexia co resto de bens
O conselleiro Román Rodríguez subliña que a decisión do xuíz coñecida hoxe avala os pasos dados ata agora polo Goberno galego, con unidade entre as administracións e o máximo rigor no proceso, seguindo os criterios dos técnicos e os xuristas
A Xunta avanza que no mes de setembro se debaterá a aprobación definitiva da Lei de áreas empresariais
Ángeles Vázquez agradece as achegas do tecido empresarial durante a tramitación dunha lei “pioneira” no Estado e impulsada co reto de ser máis áxiles na planificación destes espazos e que ningunha empresa se teña que trasladar a outra comunidade
A Xunta destinará máis de 50 M€ á implantación da gratuidade nas escolas infantís de 0 a 3 anos de Galicia
O Goberno galego asumirá a contía correspondente á atención educativa que ata agora pagaban as familias por levar os seus fillos a centros dependentes das Corpo-racións locais
A Xunta ten en execución 30M€ no polo de tecnoloxías cuánticas de Galicia, que aspira a multiplicar por cinco este investimento a través dos fondos europeos
Conde apunta que o primeiro paso que a Xunta xa deu no marco desta iniciativa foi o de adquirir, cun investimento de 13,9M€, un computador cuántico para o Cesga que vai ser un dos máis potentes do sur de Europa