Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/07/22 | 15:47 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará a calidade dos produtos galegos na 99ª edición do festival de Cornualles

Unha serie de produtos con indicativo de calidade participarán nunha xornada sobre cultura gastronómica galega o próximo venres, que consistirá nunha conferencia e nunha cata

15/07/22 | 15:28 | C. do Medio Rural

A Xunta prevé decretar ao longo deste ano catro novas zonas de concentración parcelaria na provincia de Ourense

Estas novas parcelarias suporán a reorganización de case 4.600 hectáreas de superficie, distribuídas en preto de 15.400 parcelas propiedade de 2.300 veciños

15/07/22 | 15:27 | A Presidencia da Xunta

Rueda sinala a combinación de estabilidade, certezas e moderación de Galicia como un modelo idóneo e necesario para encarar o novo escenario económico

Atribúe a esta receita á forza que amosa a economía galega con récord de exportacións, un crecemento do 18,2% do PIB per cápita ou ser a CC.AA menos endebedada
 

15/07/22 | 15:07

A Xunta investiu máis de 6 millóns de euros no último lustro en apoios a melloras da frota e das súas condicións co fin de impulsar a remuda xeracional

Antonio Basanta puxo de relevo a boa aceptación destas achegas cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca pois o número de solicitudes incrementouse nas últimas dúas convocatorias

15/07/22 | 15:01

A Xunta concede case 1,5 M€ en axudas a agrupacións locais e concellos para comprar puntos móbiles

Ángeles Vázquez anuncia que a Consellería lanzará unha nova orde para subvencionar este tipo de instalacións ante o éxito que teñen estes incentivos entre as entidades locais galegas, con máis dun cento de axudas concedidas desde 2019

15/07/22 | 14:56 | C. de Sanidade

O Sergas prestará asistencia sanitaria aos 184 nenos e nenas saharauís que pasarán o verán en Galicia co programa Vacacións en Paz

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, entregou esta mañá os documentos acreditativos da cobertura asistencial dos rapaces aos responsables da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

15/07/22 | 14:46 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h. de hoxe

Decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio forestal rexistrado no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda, que afecta unha superficie de 200 hectáreas

15/07/22 | 14:44 | C. de Sanidade

As medidas retributivas que aprobará a Xunta para os profesionais sanitarios de Atención Primaria terán efecto retroactivo dende o un de xullo

Estas medidas acadaron un acordo unánime coas organización sindicais na Mesa Sectorial e buscan compensar o esforzo que este persoal vai ter que realizar ante a situación de déficit de profesionais, especialmente neste verán

15/07/22 | 14:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta o proxecto de interese autonómico do Novo CHUAC, que garante a integración paisaxística dos accesos e inclúe para as novas vivendas dos expropiados

Vázquez Mourelle avanza que o luns se someterá a información pública o proxecto para a súa avaliación ambiental, avanzando na tramitación para á aprobación definitiva a comezos de 2023

15/07/22 | 14:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para agosto e outubro os propietarios dos terreos necesarios para executar a mellora da estrada LU-710 en Baralla

O levantamento de actas previas está previsto os días 23, 24 e 25 de agosto na Casa do Concello e a formalización das actas de ocupación o 19 e o 20 de outubro