Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta prevé decretar ao longo deste ano seis novas zonas de concentración parcelaria na provincia da Coruña
Estas novas parcelarias suporían a reorganización de case 7.000 hectáreas de superficie, distribuídas en máis de 40.600 parcelas propiedade de case 4.500 veciños
Galicia e Mozambique colaboran no reforzo da pesca e da acuicultura no país africano para mellorar a seguridade alimentaria e nutricional
O proxecto Pe1xan MZ está financiado con fondos de Cooperación Galega e ten como obxectivo contribuír a mellorar as condicións de vida das comunidades de Namaacha
A Xunta recibe 23 ofertas para a adquisición de solo nos parques empresariais das Gándaras, en Lugo, e A Sionlla, en Santiago de Compostela
Poderíanse adxudicar entre 60.000 e 70.000 metros cadrados, en función do número de ofertas que concorran sobre as mesmas parcelas
A Xunta licita as obras para reformar a Praza da Constitución, a zona do mercado e a contorna da biblioteca municipal de Bande
Esta actuación contará cun investimento inicial estimado de 107.463,80 euros, dos que a Xunta achegará o 70% e o concello o 30% restante
A Xunta elixe Valdoviño para unha nova edición do curso en prevención de riscos laborais no ámbito forestal
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) imparte desde mañá un curso gratuíto de tres xornadas para aumentar a seguridade no uso da motoserra e da rozadoira nas tarefas forestais
A Xunta prevé decretar ao longo deste ano seis novas zonas de concentración parcelaria na provincia de Pontevedra
Estas novas parcelarias suporán a reorganización de case 5.900 hectáreas de superficie, distribuídas en preto de 29.900 parcelas propiedade de 4.400 veciños
Ábrese o prazo de solicitude das bolsas e das 221 prazas ofertadas en residencias xuvenís da Xunta de Galicia para o vindeiro curso
Esta convocatoria diríxese a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos que por razóns de estudo ou traballo se vexan obrigados a permanecer fóra do concello onde residen
Espectáculos galegos xiran por 16 países e participan en 19 feiras profesionais co apoio das axudas ás actividades de distribución cultural da Xunta
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades adxudica 460.000 euros en subvencións, a través das que se contribúe ao desenvolvemento de 512 funcións escénicas e concertos
A Xunta recibe as ofertas de 3 empresas para a redacción do proxecto do Centro de Ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas, que suporá un investimento de 4,2 M€
O novo centro contribuirá ao fortalecemento da ciberseguridade na administración pública, na cidadanía e nas empresas
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8,30 h. de hoxe
Segue decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio rexistrado no concello lugués da Pobra do Brollón, parroquia de Saa, que afecta unhas 600 ha