Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/07/22 | 13:50

Trenor clausura o obradorio de Porto do Son-Ribeira e anima ao seu alumnado a aproveitar estes nove meses de formación para atopar un emprego

O delegado da Xunta destacou que na área do Barbanza se impartiron 4 obradoiros nos que se cualificou a 76 desempregados en ámbitos con gran demanda de emprego

15/07/22 | 13:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias pon en marcha o histórico reloxo do IES Santa Irene tras a reparación da maquinaria

A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu este venres ao centro educativo xunto aos mestres reloxeiros que levaron a cabo o arranxo da máquina, a substitución da esfera frontal e a iluminación interior

15/07/22 | 12:46

A Xunta pide ao Concello de Poio que deixe de buscar culpables externos ao problema estrutural de déficit de prazas de aparcamento que ten en Combarro

A presidenta de Portos de Galicia lembra que as obras do emisario da EDAR dos Praceres beneficiarán ao conxunto da ría de Pontevedra, incluído Poio, e que o Goberno local foi informado convenientemente das restricións previstas na contorna do dique da Canteira

15/07/22 | 12:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta publica o texto do espectáculo do Centro Dramático Galego ‘A Peste’ na colección ‘O Papel do Teatro’

O volume, coeditado pola Axencia Galega das Industrias Culturais e Edicións Positivas, recolle a adaptación dramática asinada por Cándido Pazó da novela de Albert Camus

15/07/22 | 12:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Festival Groba arrancará a súa décima edición o 13 de agosto en Ponteareas co apoio da Xunta de Galicia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación desta cita de música clásica con sete concertos de cámara de artistas nacionais e internacionais

15/07/22 | 12:24 | C. de Política Social e Igualdade

O minicampamento ‘Náutica e audiovisual’ da Xunta remata a súa primeira quenda con 20 mozos participantes

A segunda quenda, destinada tamén para nenos e nenas de entre 10 e 14 anos, celébrase a finais de agosto

15/07/22 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en marcha un chat desde o servizo do 012 para facilitar á cidadanía a comunicación da presenza de niños de vespa velutina

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantiveron hoxe unha reunión con representantes da empresa pública Seaga encargada da retirada dos niños, da central de chamadas do 012 e do 112 Galicia

15/07/22 | 12:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o nivel do fútbol sala feminino en Galicia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu ás xogadoras galegas da selección española de fútbol sala campioas de Europa

15/07/22 | 11:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avanza un investimento de preto de 800.000€ do Goberno da Xunta na mellora dos dous colexios de Forcarei

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, acompañado polo delegado Luis López, anuncia a licitación das obras do Nosa Señora das Dores, que visitou esta mañá, e do colexio de Soutelo de Montes

15/07/22 | 11:42 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 13.865 casos activos por coronavirus

Un total de 646.293 pacientes xa están curados