Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/07/22 | 14:38 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra unha xornada sobre fruticultura en Galicia no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

O director xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, foi o encargado de inaugurar o curso esta mañá

14/07/22 | 14:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘Música na Rúa’ ofrecerá do 4 ao 7 de agosto en Escairón un cartel de 35 bandas emerxentes co apoio da Xunta a través das axudas a festivais profesionais

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa na presentación deste encontro que procura a dinamización do rural ao ofrecer unha ampla selección de grupos alternativos como Soto Asa, Albany ou Sita Abellán

14/07/22 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Cortegada cunha embarcación para rescate

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega desta lancha que se empregará en actuacións de emerxencias en augas continentais e que se suma aos case 146.000 destinados polo Goberno local á AVPC de Cortegada en material nos últimos anos.

14/07/22 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por case 1 M€ a execución de gabias de seguridade en 4 estradas autonómicas da comarca de Ferrol

Intervirase na vía de alta capacidade VG-1.2 Ares-Mugardos, na autovía AG-64 Ferrol-Vilalba e nas estradas autonómicas AC-563 e AC-564, en Cabanas e A Capela

14/07/22 | 14:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo de Asperga na procura dun ocio activo para as persoas con Asperger

O campamento desenvólvese durante esta semana na capital galega con diferentes ac-tividades como as celebradas hoxe nas piscinas Fontes do Sar

14/07/22 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por case 880.000€ as obras das novas sendas na Medorra e Paiseo, nos concellos do Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz

Actuarase na marxe esquerda da estrada OU-101, na que se construirán sendas peonís para mellorar a seguridade viaria dos veciños destes tres municipios

14/07/22 | 14:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta polo traballo conxunto entre administracións e tecido empresarial para impulsar as enerxías renovables

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, acompañada polo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández, participou esta mañá en Santiago de Compostela na presentación do acordo de colaboración entre a Asociación Galega do Hidróxeno e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

14/07/22 | 13:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta a aposta da Xunta por reforzar o valor cultural da casa de Rosalía de Castro tras contribuír a rehabilitar o seu auditorio

Nunha visita á casa da escritora con motivo do 127 aniversario do seu pasamento, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades comproba o resultado da intervención á que o Goberno autonómico destina 100.000 euros

14/07/22 | 13:57 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia promociona o Xacobeo en Londres nun acto que congregou a máis de 100 persoas do sector

A presentación do Xacobeo en Londres, na que participou a directora de promoción do Xacobeo, Carmen Pita, encádrase na rolda de actos organizados pola Xunta para animar, tanto en España como no estranxeiro, a camiñar a Galicia