Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/07/22 | 11:33 | C. do Medio Rural

A Xunta decreta como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda

Esta situación operativa decrétase pola proximidade do lume ao núcleo de Gamiz, parroquia de Santalla, no concello limítrofe de Samos

15/07/22 | 11:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 880.000€ as obras para o acondicionamento da antiga PO-400, no concello de Arbo

As empresas interesadas en acometer a actuación, cun prazo de execución de 6 meses, terán ata o vindeiro 10 de agosto para presentar as súas ofertas

15/07/22 | 10:26 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca o procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor para os centros de formación e experimentación agraria

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, coa convocatoria e as bases destas achegas

15/07/22 | 10:16

A Xunta concede as Medallas Emilia Pardo Bazán á Asociación Íntegro, á Fundación María José Jove e a Cristina Fernández, primeira fareira galega

O xurado vén de fallar estes galardóns cos que se recoñece a contribución de persoas e entidades para construír unha sociedade máis igualitaria, xusta e solidaria

15/07/22 | 08:27 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8 horas de hoxe

Activo un lume no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que afecta unha superficie estimada de 92 hectáreas
 

14/07/22 | 21:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García destaca o compromiso do Goberno galego coa difusión da dramaturxia en galego na presentación do novo libro de Ernesto Is

A obra ‘Profetas’ conta co apoio da Xunta de Galicia e vén de gañar o 16º Premio Abrente de Textos Teatrais

14/07/22 | 20:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo do Galicia acolle unha mostra de gravados do artista Albino Fernández

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na apertura da exposición que reúne 51 obras deste pintor, referente do gravado arxentino do século XX, que mantivo estreitos lazos con galegos exiliados en América

14/07/22 | 20:45 | A Presidencia da Xunta

Rueda garante seguridade e confianza para o desenvolvemento do tecido empresarial galego e anima a inversión foránea a apostar por Galicia

Pon en valor o incremento nun 18,2% do PIB per cápita de Galicia nos últimos 13 anos, o que supón a segunda maior subida de toda España

14/07/22 | 19:47 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe

 Quedou estabilizado o incendio rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, con 50 hectáreas afectadas

14/07/22 | 19:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca a “forza e a inmortalidade” do automobilismo galego na presentación do II Rallymix Concello de Ribadumia

A Xunta financia todos os rallies do calendario galego nas distintas modalidades cunha achega de 125.500 euros do total de 167.000 euros destinados á federación no 2022 e con 2.500 euros a cada proba do campionato galego de rallymix