Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/07/22 | 17:53 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que a lei prohíbe o uso de fogos de artificio e pirotecnia en terreos forestais ou de influencia forestal en zonas nas que o índice de risco de incendios sexa extremo

A Consellería do Medio Rural vén de enviar circulares aos concellos galegos para lembrar esta prohibición recollida na Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia co gallo de previr lumes ante vindeiras festividades

14/07/22 | 17:49

Empreganav achega a Vigo formación especializada a preto de 350 traballadores do naval a través de 100 cursos para promover a súa inserción laboral

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, visitou hoxe na localidade olívica unha das accións formativas que se están a impartir no marco do proxecto autonómico de apoio ás persoas sen emprego do sector auxiliar do naval galego

14/07/22 | 17:43

Rosa Quintana enxalza o rol dos grupos de acción local do sector pesqueiro na creación de vínculos a prol do desenvolvemento do litoral

A conselleira do Mar participou na xornada final do proxecto de cooperación Bitácoras do mar, coordinado polo GALP Golfo Ártabro Norte e no que tamén participan os GALP Costa Sostible, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Golfo Ártabro Sur

14/07/22 | 16:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 51.000 euros dun azud no río das Balsadas, en Ourol

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se retirará unha represa situada en Miñotos, a 320 metros augas arriba da desembocadura deste río no Landro

14/07/22 | 16:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove na Veiga o Campamento Astronómico con actividades de lecer educativo para a xuventude

Os participantes, de entre 10 e 14 anos, gozaron dun observatorio astronómico e das actividades de multiaventura do encoro de Prada

14/07/22 | 16:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta visita a sede do Corpo Nacional de Policía e o centro operativo de servizo da Garda Civil para a integración dos servizos telemáticos co Ciae-112 Galicia

A finalidade é comprobar a integración dos servizos de comunicación das aplicacións das FFCCSS do estado co aplicativo de xestión de incidencias do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia

14/07/22 | 16:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Residencia de Tempo Libre do Carballiño da Xunta acolle a segunda quenda de mozos do campamento 'Streamers polo cambio'

Os nenos e nenas desfrutan de actividades relacionadas coa creación de contidos dixi-tais así como de deportes e xogos ao aire libre

14/07/22 | 16:26 | C. de Economía e Industria

Galicia impulsa a Axenda Enerxética co obxectivo de aproveitar a oportunidade que supón o hidróxeno verde e alcanzar os 500 MW instalados en 2030

Conde destaca que o acordo permite impulsar a transición enerxética xusta a través do binomio industria – sustentabilidade e supón unha oportunidade de diversificación para Navantia que suma o hidróxeno verde á eólica mariña

14/07/22 | 16:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta desprega máis de 50 iniciativas xuvenís na provincia de Pontevedra coa campaña 'O verán que queres contar'

O delegado territorial, Luis López, informou dos campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado que se desenvolverán en xullo e agosto nunha visita ás instalacións de Ponte Maril, que acollerá sete quendas, a cifra máis alta da provincia