Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/07/22 | 13:56 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos forestais ata as 13,00h. de hoxe

Extinguido un dos incendios rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, con 35 hectáreas afectadas

14/07/22 | 13:39 | C. de Economía e Industria

Un total de 13 obradoiros pertencentes a Artesanía de Galicia participan na XVIII Feira Outrora de Bóveda

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse hoxe ata o evento Artesanía de Galicia en Bóveda, que se celebra ata as 21:00 horas en Rubián

14/07/22 | 13:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAC completa a súa programación de verán cunha nova exposición que revisa a obra do fotógrafo referente dos anos 50 e 60, o vigués Raniero Fernández

Revísanse desde unha perspectiva contemporánea as súas pezas nas que retrata a Galicia da emigración, o mundo rural, así como elementos da etnografía galega

14/07/22 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta vermella por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense

O episodio comezará este mediodía con temperaturas de ata 42 graos que tamén se poden acadar localmente no sur da provincia ourensá

14/07/22 | 13:09

Fernández-Tapias clausura en cangas o obradoiro forestal de emprego Granxa da Rúa X

A delegada territorial, acompañada da alcaldesa Victoria Portas, entregou os diplomas desta iniciativa laboral na que se formaron 20 cangueses, e que contou cun investimento de 347.000 euros do Executivo autonómico

14/07/22 | 12:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta catalogará de forma dixital 1,8M de expedientes de varios arquivos xudiciais de Galicia

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, deu conta hoxe no Parlamento do traballo da Xunta a través do Plan de Expurgo, que permitiu xa liberar espazo dos órganos xudiciais coa retirada de 1,2M de expedientes e 100 pezas de convicción

14/07/22 | 12:33

A Xunta respaldará con preto de 240.000 € os Centros de información á muller, servizos de conciliación e accións de Igualdade en once concellos de Ferrolterra

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, deron conta da resolución do programa autonómico que permitirá a concellos, consorcios ou mancomunidades poñer en marcha actuacións contra a violencia de xénero ou para facilitar a corresponsabilidade, entre outros

14/07/22 | 12:14 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade destaca a aposta pola excelencia da empresa certificada Tejas Verea

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, mantivo un encontro cos responsables da compañía que conta co selo de garantía autonómico para coñecer as súas propostas

 

14/07/22 | 12:13

A Xunta colabora co Concello de Vedra na mellora de infraestruturas municipais

O delegado da Xunta, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego na pista polideportiva e no velódromo e anunciou outra axuda de máis de 27.000 euros para a reforma da escola unitaria de San Fins de Sales

14/07/22 | 12:07 | C. de Política Social e Igualdade

Fernández-Tapias destaca a labor da asociación ASEM Galicia en Vigo co seu programa de promoción da autonomía persoal

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou este xoves a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares