Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

13/07/22 | 15:12

A Xunta convoca o bono de alugueiro social, que poderán pedir desde mañá os colectivos vulnerables para cubrir o 100% do custo da súa vivenda habitual

Como principal novidade, increméntanse as contías máximas das axudas previstas, que poderán chegar ata os 660 € ao mes fronte aos 540 € da convocatoria anterior

13/07/22 | 15:09 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá case medio millón de euros na mellora dos recursos fitoxenéticos para garantir a sustentabilidade, diferenciación e calidade das producións agrarias galegas

Tras o acordo subscrito co mesmo fin en 2017, renóvase a colaboración deica o 2024 para facer maior énfase na transferencia de novos coñecementos ao sector primario

13/07/22 | 15:06 | C. de Política Social e Igualdade
13/07/22 | 15:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa ata nun 40% as axudas destinadas a comedores sociais, centros de acollida, albergues ou ao reparto de alimentos

O Consello do Goberno galego aprobará mañá unha nova orde de 7,2 millóns de euros que axudará ás entidades sociais a realizar o seu labor a favor das persoas en risco de exclusión social
 

13/07/22 | 14:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o inicio da información pública do proxecto das novas sendas nas vías PO-302 e PO-306 en Vilanova de Arousa, cun investimento de case 1,3 M€

Durante un período de 30 días hábiles, as persoas que así o desexen poden formular observacións relativas á concepción global do trazado deseñado
 

13/07/22 | 14:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras da senda entre A Ponte e Santa Cataliña, en Santa Comba, que estarán rematadas na primavera cun investimento da Xunta de 177.000 €

Habilitarase un itinerario peonil pola marxe dereita da estrada AC-404, de 450 metros de lonxitude e 1,8 metros de ancho, que unirá as zonas de beirarrúas actuais acadando un itinerario continuo que conecta os principais equipamentos

13/07/22 | 14:52 | C. do Medio Rural

A Xunta decretará este ano a parcelaria de Moncelos, no concello de Abadín, que reorganizará unha superficie superior ás 800 hectáreas

Coa posta en marcha da nova parcelaria, ao abeiro da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, mellorarase a estrutura territorial da zona, o que permitirá ampliar a base territorial das granxas da contorna e, polo tanto, reducir os seus custos de produción

13/07/22 | 14:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘Titiriberia’ leva a Rianxo unha trintena de compañías e artistas do teatro de monicreques co apoio da Xunta a través das subvencións a festivais de artes escénicas

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa na presentación deste encontro de monicreques tradicionais que celebra a súa sétima edición entre os días 24 e 31 de xullo
 

13/07/22 | 14:44

A Xunta mellora a empregabilidade de 20 persoas de Ponteareas e As Neves co obradoiro formativo laboral 'Coidar de nós IV'

O delegado territorial, Luis López, acompañado da alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, e do rexedor das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, participou no acto de clausura e entrega de diplomas desta iniciativa de emprego na Casa do Concello da capital do Condado

13/07/22 | 14:18 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,00 h. de hoxe

Activo dous incendios no concello de Melón, parroquia de Quins. Un afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas e o outro a unha superficie provisional dunhas 35 hectáreas