Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/07/22 | 11:36 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 13.783 casos activos por coronavirus

Un total de 645.544 pacientes xa están curados

13/07/22 | 20:25 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta a proxección global do Xacobeo bianual para Galicia e para España e subliña a súa capacidade para xerar actividade nun momento económico crucial

Celebra as cifras récord do Camiño logo de acadar este mes de xullo, con 180.000 compostelas, a mesma cifra de peregrinos que en todo 2021

13/07/22 | 20:03 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do XXXIII Gran Prix das Carrilanas de Esteiro

A celebración foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional no ano 2021

13/07/22 | 19:58 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,45 h. de hoxe

Extinguido o incendio rexistrado en Palas de Rei, parroquia de Cuíña, con 22 hectáreas afectadas

13/07/22 | 19:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo Etnolóxico de Ribadavia divulga nunha exposición o proceso de conservación do fondos da agrupación cultural Abrente

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugura a mostra, que poderá visitarse ata o 30 de setembro, sobre as tarefas realizadas polo centro museístico durante dous anos para coidar esta colección

13/07/22 | 18:54 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor as utilidades da Lei de Recuperación da Terra Agraria para as sociedades cooperativas

Inés Santé explicou as vantaxes da compra ou arrendamento de terreo, mediante figuras como os polígonos agroforestais e as aldeas modelo

13/07/22 | 18:47 | C. de Sanidade

A Xunta licitará este ano os proxectos dos novos Centros de Saúde de Boborás e Muíños

O desenvolvemento do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria na área de Ourense continúa coa elaboración dos proxectos do centro de saúde de A Rúa e do novo CIS da cidade das Burgas