Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta compromete á nova presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego seguir reforzando o seu apoio
No encontro abordaron as liñas de colaboración abertas co impulso á musealización da ala sur, na que a Consellería leva investidos máis de 500.000 euros nos últimos anos
A Xunta avanza que impulsará a dixitalización das empresas do sector forestal de Galicia
Jacobo Aboal manifestou a importancia da transición dixital para dar unha resposta axeitada ao papel que a madeira vai ter nos seguintes anos
A Xunta realiza actuacións de conservación e de limpeza nos treitos interurbanos de tres regos no concello de Carballo
Os traballos lévanse a cabo no rego do Monte Neme, de Oza e da Barcia
A Xunta invita os concellos da zona da Mariña a coñecer os programas de axudas en materia de vivenda
É o terceiro encontro informativo ‘Construíndo Fogar’ que se celebra na provincia de Lugo e terá lugar o vindeiro martes, 12 de xullo, ás 10,30 h, no salón de actos das Escolas Vellas de Cervo, coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo
Galicia amosará este martes á directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea a importancia do seu sector do mar
Charlina Vitcheva manterá un encontro cos representantes dos distintos elos da cadea mar-industria no seo dun pleno do Consello Galego de Pesca convocado de xeito extraordinario
Xunta e Concello de Cualedro estudan fórmulas para mellorar os servizos sociais do municipio
O Goberno Galego analiza as posibilidades para reformar as oficinas de servizos sociais da localidade, que conta con tres centros públicos e cos servizos de Xantar na Casa e Axuda no Fogar
A Xunta inviste preto de 1 M€ en incorporar aos centros de I+D+i da Axencia Galega da Calidade Alimentaria un total de 23 profesionais no marco do programa Investigo
Estes traballadores desenvolverán funcións de reforzo no Centro de Investigación Forestal de Lourizán, no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía
Aberta a convocatoria de axudas destinada á creación e integración de novos centros de investigación empresarial en Galicia
Este plan de axudas da Xunta, pioneiro na Comunidade, contribuirá a manter a pegada industrial existente e atraer novas empresas e investimentos, coa previsión de mobilizar 20 millóns de euros e crear 45 postos de alta cualificación