Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/07/22 | 10:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con máis de 5,4 M€ unha trintena de proxectos de cooperación para o desenvolvemento levados a cabo por ONGD e outros axentes

A resolución da convocatoria de axudas deste ano apoia iniciativas no Salvador, República Dominicana, Guatemala, Bolivia, Nicaragua, Honduras, Perú, Ecuador, Mozambique, Cabo Verde, Guinea Bissau e India

10/07/22 | 10:00 | C. de Sanidade
09/07/22 | 20:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez defende no Festival de Almagro a calidade, diversidade e potencial do teatro galego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades interveu hoxe no acto central conmemorativo do Día de Galicia neste prestixioso certame internacional, que celebra a súa 45ª edición coa nosa Comunidade como convidada de honra

09/07/22 | 15:42 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade promociona os produtos certificados no Pantín Classic Surf en Valdoviño

O director xeral de Comercio, Manuel Heredia, visitou hoxe o mostrador promocinal da marca de garantía

09/07/22 | 15:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Tradición e modernidade conviven nos Pendellos de Agolada mañá, na última xornada do Corazón da Artesanía

A música electrónica de DJ Set amenizará a sesión vermú de mañá domingo a partir das 13:00 horas, mentres que a agrupación folclórica Cantigas e Agarimos serán os encargados da pechar a programación musical a partir das 19:00 horas

09/07/22 | 15:22

As axudas da Xunta ao impulso do emprego estable para persoas desempregadas en pequenas empresas de nova creación poden solicitarse ata o 1 de agosto

O Goberno galego destina este ano 1,5M€ á creación de emprego e á súa consolidación en pequenas empresas de recente creación

09/07/22 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de limpeza nos treitos interurbanos de distintos regos ao seu paso polo concello de Moaña

Estes traballos desenvólvense en tramos dos regos da Xeira, do Inferno, de Fraga e de San Bartomeu, ademais de noutros dous innominados

09/07/22 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta estuda vías de colaboración co concello de Riós para abrir o novo centro de maiores municipal

As obras desta infraestrutura remataron recentemente, tras un investimento de 575.000 euros por parte das Administracións autonómica, provincial e local

09/07/22 | 14:35 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso co rural galego no Foro Voz de iniciativas rurais de Ponteceso

José González destacou a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia como base para pór en valor terreos infrautilizados ou en estado de desuso