Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

09/07/22 | 14:00 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o mercado dixital dos produtos galegos de calidade para fomentar o consumo de proximidade

José Luis Cabarcos tamén destacou a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, a cal persegue aumentar o valor engadido dos viños galegos, mellorando a rendibilidade e a sustentabilidade da produción vitícola

09/07/22 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa o luns reforzos nas liñas de autobús entre Portomouro e Santiago para mellorar o servizo de transporte público ás parroquias do norte de Ames

O Goberno Galego crea un novo servizo ás 13,00 horas de Santiago a Portomouro, atendendo a solicitude do Concello de Ames

09/07/22 | 12:52

Sogama adxudica por máis de 116.000 € as obras de mellora da planta de transferencia de Barreiros

A actuación xira en torno á construción dun novo aparcadoiro de contedores cuberto dotado con cinco prazas, tres máis que as que ten o actual, que será demolido

09/07/22 | 12:48 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 17.615 casos activos por coronavirus

Un total de 637.573 pacientes xa están curados
 

09/07/22 | 12:39

A Xunta e o concello de Vilariño de Conso investirán máis de 273.000 € para ampliar e mellorar as vías da zona

A actuación enmárcase no plan Hurbe, impulsado hai máis de 10 anos para apoiar ás entidades locais en proxectos que permitan mellorar as condicións e a calidade de vida da veciñanza, e que este ano conta cun orzamento reservado de 7 M€

09/07/22 | 12:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta xa concedeu 2,3 M€ en axudas para a transformación de frotas de transporte, máis do 40% do orzamento total

Ademais do achatarramento, subvenciónase a adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono ou a implantación de infraestruturas de recarga eléctrica