Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta ten programado para xullo máis de 40 eventos musicais dos Concertos do Xacobeo
23 concellos da 4 provincias galegas acollerán directos e festivais de diversos estilos musicais e para todos os públicos
A Xunta reivindica o valor económico, cultural e turístico dos viños da denominación de orixe Valdeorras
José González puxo en valor a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, a cal persegue aumentar o valor engadido dos viños galegos, mellorando a rendibilidade e a sustentabilidade da produción vitícola
Rosa Quintana destaca o intenso labor do concello de Muros na protección e difusión da cultura mariñeira
A titular de Mar indicou que estas xornadas supoñen unha nova ocasión para afondar no inxente acervo cultural marítimo valéndose da historia e da evolución da frota local
O Museo Massó abre o seu XX aniversario cunha exposición que inclúe varias pezas dos seus fondos sobre cartografía marítima histórica
Percorre a lenda da Traslatio do Apóstolo e inclúe, ademais, cartas de navegación por outros territorios como o Mediterráneo, a Península Arábiga e o Golfo Pérsico
Diego Calvo destaca o auxe do golf en Galicia na recepción do trofeo da Solheim Cup
O vicepresidente segundo da Xunta participou no acto de benvida á copa dunha das máis importantes competicións femininas de golf a nivel mundial, que se celebra o vindeiro ano por primeira vez en España
A Xunta destaca ante responsables de institucións europeas o Álvaro Cunqueiro como exemplo de bo uso dos fondos comunitarios
Lembrouse a utilización de financiamento europeo non só para a construción do centro senón tamén para a incorporación de tecnoloxía como o quirófano híbrido, o TAC intraoperatorio ou o equipo de cirurxía robotizada
A Xunta activa o nivel máximo de alerta por episodio de calor en varias zonas que abranguen 48 concellos galegos
Así mesmo, declárase o nivel 1 noutras áreas que abranguen 90 municipios
A Xunta participa na presentación do Atlantic Fest que terá lugar no marco dos concertos do Xacobeo
O festival terá lugar en Vilagarcía de Arousa os días 15,16 e 17 de xullo
Lete Lasa aplaude a loita pola igualdade na presentación do triatlón do Porriño máis inclusivo
A nova edición do Triatlón Concello de Porriño quere render homenaxe á loita polos dereitos do colectivo LGTBIQ+