Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/07/22 | 17:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Residencia de tempo libre de Panxón da Xunta acolle a primeira quenda do campamento ‘Zerowaste’

Inclúe actividades de educación ambiental, deporte na natureza e animación teatral para mozos de entre 13 e 16 anos

07/07/22 | 17:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial das antigas zonas carboníferas para impulsar iniciativas de industria sustentable, turismo ou enerxía renovable

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou hoxe nunha mesa redonda celebrada en Oviedo no marco do Diálogo Político Anual da Iniciativa para as rexións carboníferas en transición

07/07/22 | 17:04 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro pon en valor a excelencia dos servizos ao redor do Camiño de Santiago nunha visita ao albergue de Arca

A directora de Turismo de Galicia puxo en valor as liñas de axudas abertas pola Xunta para investimentos en equipamentos dos establecementos hostaleiros e a posta en marcha do Plan de Melloras na Rede Pública de Albergues para Peregrinos

07/07/22 | 16:55 | C. de Política Social e Igualdade

A residencia de maiores Torrente Ballester da Xunta, recoñecida como un dos centros sociosanitarios con mellor equipo de enfermería

O centro público autonómico foi recoñecido polo ranking do Monitor de Reputación Sanitaria (MRS) durante o período 2020/2021, nos momentos máis duros da pande-mia provocada pola covid-19

07/07/22 | 16:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora da Casa do Concello de Cospeito a prol dunha mellor atención á cidadanía

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a casa consistorial da localidade para comprobar as actuacións levadas a cabo ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público do Goberno galego

07/07/22 | 16:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta achegará máis de 217.000 € para a mellora de tres parques empresariais da comarca do Barbanza que mobilizarán máis de 270.000 €

O delegado da Xunta visitou o polígono industrial de Muros no que a Xunta aportará 56.000 euros para levar a cabo a construción dun colector de saneamento que conecte as augas do parque empresarial coa rede municipal de Muros

07/07/22 | 15:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

O rural galego contará con bibliotecas móbiles para que poidan gozar deste servizo

Explica que o obxectivo desta medida é achegar o préstamo de libros e material audiovisual aos concellos que aínda non contan con este servizo

07/07/22 | 15:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta lanzará as primeiras axudas aos concellos para realizar auditorías das redes de abastecemento e minimizar as fugas de auga

Explica que o obxectivo destas achegas é reducir á metade os niveis de fuga para que non superen o 20%

07/07/22 | 15:28 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia disporá dun dos primeiros computadores cuánticos do sur de Europa

O presidente resalta que obxectivo da Xunta é afianzar a Galicia “coma un referente neste tipo de tecnoloxía”

07/07/22 | 15:26 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta activará dúas liñas de axudas para impulsar a transformación industrial e a dixitalización das pemes e autónomos galegos

O obxectivo, asegura, é mellorar a competitividade das empresas nun contexto económico marcado pola saída da pandemia e a suba de prezos