Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta pon en valor as terapias ecuestres para mellorar a calidade de vida das persoas con autismo
Na xornada de hoxe participaron persoas usuarias de Aspanaes
Os voluntarios do programa ‘Xacobeando’ da Xunta chegan a Lalín para desenvolver tarefas de promoción e coidado da Vía da Prata
Trátase dun grupo de seis mozos procedentes Lituania, Grecia, Estonia, Eslova-quia, Portugal e de Madrid
A Xunta mantén a declaración de seca prolongada en toda a Demarcación Galicia-Costa ante os baixos caudais dos ríos
Os caudais circulantes en xuño seguen por debaixo dos valores habituais para esta época do ano, un 25% menos ao ter en conta os dos últimos dez anos
A Xunta executará este verán os traballos de conservación fluvial no treito do río Tambre en Ponte Boado, cun investimento de 14.000 €
A intervención enmárcase nos traballos previstos este ano no río Tambre, nos que Augas de Galicia leva xa investidos 35.000 €, quedando pendentes intervencións valoradas en máis de 44.000 €
Lorenzana avoga por un mercado laboral “aberto, accesible e sen fronteiras” e apela á colaboración público-privada para avanzar na creación de emprego
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe en Matosinhos na presentación do Plan de Actividades 2022-2023 do espazo Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal
A Xunta interésase no Comité Español de Xeoparques pola candidatura de Cabo Ortegal ante a Unesco
Do Campo subliña que a excepcional riqueza xeolóxica deste territorio supón o seu principal aval e lembra que foi a proposta escollida en 2021 con maior puntuación
A Xunta anuncia a convocatoria nos vindeiros días de 2 liñas de axudas para concellos e particulares por un importe global de 26,5 M€
O programa para a rehabilitación de vivenda a nivel de barrio, dotado para este ano con 11,5 M€, está dirixido a cidadáns e entidades locais
A Xunta renova o apoio a marca 'Mar de Santiago' na súa aposta por un turismo sostible e de calidade vencellado ao Camiño de Santiago
A directora de Turismo de Galicia asinou o convenio cos alcaldes de Vilanova, Catoira, Pontecesures e Valga para afianzar a marca como un multidestino turístico
A ruta marítima “cabaleiro das cunchas” confluirá coa Iacobus Maris na ría de Vigo grazas ao Xacobeo 21-22
A delegada territorial de Xunta en Vigo presentou a nova edición da cita náutica na que participarán unha vintena de embarcacións para unirse o 22 de xullo aos navíos procedentes do Mediterráneo