Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A serie infantil ‘Los Argonautas’ inicia en Laxe a súa rodaxe co apoio da Xunta de Galicia a través do seu Hub Audiovisual
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais visita o comezo das gravacións desta ficción en imaxe real cuxos 20 capítulos rodados entre A Coruña e a Costa da Morte serán emitidos pola canle Clan
A Xunta adxudica por máis de 365.000€ a mellora da depuradora de Comboa, no concello de Soutomaior
Mellorarase o estado das instalacións e incrementarase o control sobre a explotación da depuradora, ademais da activación de sistemas de desodorización, promovendo un avance na calidade ambiental da zona
A Xunta presenta no Parlamento o Plan de obesidade zero e solicita a colaboración da Cámara para o desenvolvemento do mesmo
A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, dixo que “é de vital importancia que todos os axentes sociais, sanitarios e políticos demos unha mensaxe común, e poñamos de manifesto a nosa implicación para reducir o sobrepeso e a obesidade en Galicia”
Galicia reivindica unha política pesqueira común cun equilibrio real entre os aspectos medioambientais e os socioeconómicos
A comunidade aposta pola revisión da PPC e a introdución de cambios para adaptala á realidade das distintas ramas de actividade vencelladas co mar, tal como recolle o manifesto en defensa do sector asinado esta semana
A Xunta impulsa con Ternera Gallega unha campaña nacional de promoción de 1,4M€ para a súa especialidade suprema de 1,4 M€
José González destacou que o Goberno galego aportará a metade do investimento, mentres e o consello regulador das IXP de carne de vacún achegará a outra metade
A Xunta xestionará ata o ano 2025 preto de 107 M€ en programas e axudas directas no marco do novo Plan estatal para o acceso á vivenda
Ángeles Vázquez salienta que 4 das 7 liñas previstas, destinadas a alugueiro, compra e accesibilidade, convocaranse nas vindeiras semanas por un importe de 33 M€
A Xunta destaca o efecto tractor que o proxecto de Ence vai ter sobre a cadea de valor da industria das Pontes
Conde apunta que, especialmente, as auxiliares da central térmica e as do sector do transporte e a loxística terán unha oportunidade para o mantemento da actividade e os postos de traballo
A Xunta presenta o concerto de Imagine Dragons que terá lugar o vindeiro luns no Monte do Gozo no marco dos Concertos do Xacobeo
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a co-directora de Sweet Nocturna, Raquel Seijo, presentaron esta mañá o concerto que é un dos tres que a banda dará en España
A Xunta lamenta a renuncia de dúas empresas a tres obras do Rexurbe por mor do atraso de case ano e medio na concesión das licenzas de obra municipais
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, sinala que o IGVS non pagou as taxas de licenza porque o Concello de Ferrol aínda non as enviou