Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/07/22 | 13:00

Un total de 14 concellos da comarca da Coruña recibirán axudas da Xunta por valor de máis de 430.000 euros para apoiar os cinco CIM, promover a conciliación e loitar contra violencia de xénero

Gonzalo Trenor e Susana López Abella informaron da resolución das axudas a concellos e outras entidades locais para potenciar a conciliación e para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

07/07/22 | 12:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Pequestrelas Xacobeo 21-22 elixe este sábado aos gañadores do concurso de talentos nunha gala final aberta ao público

Os 28 seleccionados nas audicións previas terán que afanarse ao máximo para convencer ao xurado coas súas propostas, nas categorías parella, individual e grupal

07/07/22 | 12:46 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos apela ao consenso parlamentario para impulsar un Plan estratéxico 2022-2030 “de todos e para todos”, reflexo dos retos e necesidades dos galegos

O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu no Parlamento para presentar o Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030

07/07/22 | 11:21

Galicia rexistrou un mes de xuño con temperaturas normais e húmido, cun 78% máis chuvias do habitual

O avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia conclúe que foi un período marcado polas altas precipitacións, sendo as comarcas do Xallas e de Caldas as que concentraron unha maior cantidade de chuvias

07/07/22 | 11:04 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 115.000 euros a diversas actuacións preventivas en montes do distrito forestal XVII o Condado-Paradanta

As accións consisten na mellora de cortalumes e pistas forestais en montes dos concellos de Ponteareas, Mondariz, Covelo, As Neves e Crecente

07/07/22 | 10:51 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá 5 M€ para chegar ata os 25 millóns en préstamos de capital circulante destinados ás explotacións de gando bovino galegas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que dá forma a unha das medidas anunciadas tras a invasión rusa de Ucraína para paliar as consecuencias da alza de prezos que sucedeu á situación derivada da covid-19

07/07/22 | 10:49 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.789 casos activos por coronavirus

Un total de 635.514 pacientes xa están curados

07/07/22 | 10:33 | C. de Economía e Industria

O Corazón da Artesanía arranca mañá en Agolada como a grande festa dos oficios, da música e da gastronomía galega

A Xunta organiza a novena edición do Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, no que se amosarán de venres a domingo, o traballo de 57 artesáns de 27 oficios diferentes, así como o de 31 expositores de produtos gourmet

06/07/22 | 21:03 | A Presidencia da Xunta

Rueda pone en valor el sector vitivinícola como garantizador del progreso económico de Galicia y del desarrollo de las potencialidades del rural

Destaca que un tercio de las peticiones para los fondos europeos dentro de la orientación productiva agrícola son para viñedos: “Estamos ante un sector cargado de futuro”

06/07/22 | 19:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforza o apoio ás entidades sociais de Galicia para impulsar medidas destinadas ás persoas que peor o están a pasar

O Goberno galego aprobará nos vindeiros días unha nova orde de axudas a entida-des sociais por un valor de 7,2 millóns de euros para financiar programas e iniciati-vas destinados ás persoas en risco de exclusión