Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia os traballos de posta en valor da zona arqueolóxica de Adro Vello no Grove
O Goberno autonómico financia con 50.000€ esta actuación, cuxa execución arrancou esta semana coa colaboración da Universidade de Vigo a través dun convenio
Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras das sendas de Montecelo e Bormoio, en Coristanco, un investimento de 777.000€ para favorecer os desprazamentos a pé ao centro comercial
Construirase en total máis de 1,3 km de sendas na vía autonómica AC-552 que facilitarán a mobilidade dos veciños
A Xunta e a Fegamp comparten a necesidade de prorrogar o convenio de protección das aldeas ao constatar o seu bo funcionamento desde a sinatura en 2018
Na reunión acordouse crear un grupo de traballo para avanzar na implementación deste acordo, debatendo as melloras necesarias compiladas pola Fegamp nun documento técnico elaborado cos concellos adheridos ao convenio
A Xunta destaca a inversión levada a cabo na conservación e mantemento do trazado e nos albergues do camiño portugués, segunda ruta máis empregada polos peregrinos
Dende o ano 2019 investiuse neste trazado 2,3 millóns de euros para o acondicionamento e sinalización no conxunto do itinerario
A Xunta reforza o seu apoio ao pobo de Ucraína cun novo proxecto de transporte de axuda humanitaria
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a presidenta da Asociación Galega de Axuda a Ucraína, Natalia Afonina, asinaron hoxe o acordo de colaboración para o envío de produtos de primeira necesidade
Luis Fonsi, James Blunt e Ilegales únense á programación do Xacobeo 21-22 con dous concertos na praza de María Pita
O Goberno galego tamén financia as actuacións de Simple Minds ou LP no marco do Ciclo Xacobeo Importa, ademais dos festivais Atlantic Pride, Morriña Fest, Neox Music Day, Noroeste e Noites do Porto
O Museo das Peregrinacións percorre desde hoxe os vínculos xacobeos da Chacona a través de máis dun cento de instrumentos antigos e arquivos sonoros
A exposición estuda a relación desta forma musical ancestral con Santiago e co Camiño a partir do canto que o peregrino inglés Willian Wey transcribiu no seu diario no século XV e que é considerada a primeira chacona escrita da historia
A Xunta traslada o punto de encontro familiar de Pontevedra a un novo local máis accesible, amplo e cómodo para as familias
Destinaranse máis de 300.000 euros a esta actuación que da resposta a unha das demandas dos profesionais e usuarios deste centro que atende a 300 familias da zona
A Xunta recorda a necesidade de protexerse fronte aos efectos do sol durante o verán
Ángeles Vázquez valora o esforzo que realiza MeteoGalicia para ofrecer una ampla información coa posta en marcha dun novo sistema de avisos de episodios de calor
Martina Aneiros recibe ao árbitro Javier Iglesias Villanueva ao que felicita polo seu ascenso a Primeira División do fútbol nacional
A delegada territorial da Xunta en Ferrol destacou a súa traxectoria na organización arbitral onde ingresou aos 16 anos e foi ascendendo nas diferentes categorías ata chegar ao máis alto este mesmo ano