Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

29/12/22 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais da Coruña e de Lugo

Agárdase mar combinada do oeste e suroeste con ondas de ata 6 metros e vento do sur e suroeste de forza 8

29/12/22 | 13:10 | C. do Medio Rural

A Xunta suma a empresa de alimentación Acastrexa ás preto de 40 empresas adheridas ao selo de calidade de Artesanía Alimentaria

Este distintivo de calidade diferenciada garante que as producións contan cunha elaboración tradicional e unha presentación coidada, acorde coa súa condición de produtos que pretenden situarse entre os da gama gourmet

29/12/22 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta manterá o desconto do 50% nos autobuses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol a partir do vindeiro 1 de xaneiro

O Consello da Xunta xa adoptou a semana pasada a decisión de manter a rebaixa do 50% no transporte público autonómico sempre e canto o Goberno central mantivese o desconto estatal

29/12/22 | 12:26 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do Plan de Sustentabilidade Turística “Barbanza Arousa. Viaxe a través dos sabores”

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do Plan que conta con 1.500.000 euros

29/12/22 | 12:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias salienta o éxito do programa EBici en Vigo como a cidade de Galicia que máis axudas recibiu para a compra de bicicletas e anuncia unha nova edición en 2023

A delegada da Xunta en Vigo destacou a iniciativa que permitiu conceder 320 achegas para impulsar a mobilidade sostible na cidade

29/12/22 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Palas de Rei dota a Policía Local dun novo vehículo co sistema renting impulsado pola Xunta no marco do Fondo de Compensación Ambiental

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobaron o novo equipamento policial

29/12/22 | 11:06 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.058 casos activos por coronavirus

Un total de 684.764 pacientes xa están curados
 

29/12/22 | 10:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As bolsas para realizar programas de mobilidade en 14 países extracomunitarios chegan a un total de 65 estudantes das universidades galegas

O obxectivo é favorecer a participación do alumnado nestas experiencias que melloran o seu haber lingüístico e cultural cunha axuda de ata 1.700 € por persoa

28/12/22 | 19:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo pon en valor o auxe do judo feminino con máis de 2.700 mulleres federadas neste deporte

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, asistiu a varios adestramentos nas ‘XIV Xornadas Internacionais de Judo-Nadal 2022. Deporte en feminino’, organizadas pola Federación Galega de Judo co obxectivo da promoción das mulleres no deporte

28/12/22 | 17:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá 120.000 € para mellorar as condicións de conservación da ermida de Nosa Señora da Lanzada

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acaba de licitar a actuación, tal e como se comprometera co Concello de Sanxenxo