Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/12/22 | 11:30 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia pide precaución ante o aumento de desprazamentos nas festividades do Nadal

Durante as festividades de 2021, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 287 chamadas en relación cos accidentes de tráfico, que xeraron 219 asistencias. Nelas atendeuse a 280 persoas, das que tres faleceron no punto do incidente

30/12/22 | 11:18 | C. de Sanidade

A Xunta amplía en dúas semanas a campaña de vacinación da gripe

O Executivo galego estenderá a posibilidade de vacinarse contra a gripe até mediados de xaneiro

30/12/22 | 11:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a creación dun centro de investigación empresarial de Mestrelab en Santiago enfocada aos sectores farmacéutico e biotecnolóxico

A nova infraestrutura, que se localizará na contorna do Campus Vida da USC, mobilizará 9,8 millóns de euros e permitirá a contratación de 30 persoas investigadoras

30/12/22 | 11:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa 'Iacobus' recibiu 312 candidaturas para estadías de investigación e publicacións científicas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

A iniciativa diríxese a persoal docente e investigador, investigadores pre e posdoutorais, e persoal de administración e servizos das universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos da Eurorrexión

29/12/22 | 20:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a mostra ‘Os batismos a meia noite’, de Joan Alvado, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2022

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destaca este certame, que cumpre dez edicións,como plataforma para dar a coñecer o talento dos novos creadores

29/12/22 | 16:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reparte máis de 600.000 € entre 380 deportistas galegos de alto nivel, o importe máximo da historia do deporte galego

O grande éxito do deporte galego nos últimos anos provoca que a contía inicial de 500.000 euros sexa ampliada ata os 606.380 euros

29/12/22 | 16:55

Galicia destina máis de 300.000 euros en 2023 a distintas accións para impulsar o consumo e o valor do mexillón

O Consello da Xunta aprobou a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia para promocionar este molusco

29/12/22 | 16:18 | C. do Medio Rural

A Xunta rehabilita de xeito integral o mercado municipal de Crecente para favorecer a venda de produtos locais cun investimento de 96.000€

O delegado territorial, Luis López, visitou esta mañá as obras de acondicionamento interior da Praza de Abastos, na que se crearán catro postos comerciais independentes e un local para un supermercado, na compaña do alcalde, Julio César García-Luengo

29/12/22 | 15:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Asociación de Veciños de Vilamaior, en Monterroso, constrúe un local social coa axuda da Xunta

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que recibiron unha achega de 15.000 euros que aproveitaron para obrar e equipar un pequeno centro de reunións