Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 288 novas da área temática Emigración:

26/09/22 | 20:26 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda presenta ao novo director da Casa de Galicia en Madrid ás entidades galegas na capital española

No encontro analizáronse cuestións como a situación da colectividade na comunidade madrileña, as necesidades dos centros e o calendario das súas actividades para os próximos meses

25/09/22 | 15:13 | A Presidencia da Xunta

Miranda felicita á Casa de Galicia das Palmas de Gran Canaria polas súas iniciativas solidarias

O secretario xeral da Emigración rematou nesta illa coa rolda de visitas ás entidades galegas nesta comunidade autónoma onde puido comprobar as obras realizadas trala reinauguración posterior ao incendio que sufriu este centro

18/09/22 | 12:17 | A Presidencia da Xunta

Rueda realizará en outubro a súa primeira viaxe oficial como presidente da Xunta á Arxentina e ao Uruguai

A viaxe desenvolverase entre os días 13 e 17 para reforzar os lazos coa colectividade galega e estreitar as relacións con ambos países

14/09/22 | 13:03 | A Presidencia da Xunta

Un escultor galego retornado crea obras para edificios públicos dos EE.UU. desde Sanxenxo apoiado pola Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e a concelleira de Facenda, Paula Martínez, visitaron hoxe o obradoiro dun artista deste concello que traballou no Capitolio de USA, no Cemiterio de Arlintong e no Museo Botánico de Nova York
 

07/09/22 | 12:52 | Secretaría Xeral de Emigración

Unha xornalista galega retornada deseña campañas web de acción social para organizacións internacionais dende Vigo apoiada pola Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, coñeceron hoxe a iniciativa dunha viguesa, retornada dos Estados Unidos, que puxo en marcha unha empresa

19/08/22 | 14:54 | Secretaría Xeral de Emigración

Galicia e Castela e León poñen en marcha proxectos conxuntos de apoio aos cidadáns do exterior e aos retornados

O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, e o director xeral de Acción Exterior en Castela e León, Fernando Rubio Ballestero, mantiveron unha reunión na que se abordaron cuestións como a colaboración conxunta de entidades de ambas comunidades no exterior, a ampliación das liñas de apoio aos cidadáns do exterior e a potenciación do ámbito virtual para dinamizar os centros e ofrecer máis e mellor información a través das páxinas web e redes institucionais

29/07/22 | 16:12 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta destaca que os últimos datos do IGE manteñen o valor positivo do saldo migratorio en Galicia

O Instituto Galego de Estatística fixo público nas últimas horas o seu balance de Indicadores Migratorios onde se destaca, entre outros datos, que en 2021 a diferencia entre as entradas e saídas de persoas en Galicia presentou un valor positivo de 14.448 cidadáns