Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/06/22 | 21:20 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora co concerto de primavera da Fundación Coral Casablanca

O acto, que tivo lugar hoxe no Teatro Afundación en Vigo, contou coa participación, entre outros, do coro ‘Sonidos de la memoria’ de persoas con Alzheimer e outras de-mencias

10/06/22 | 20:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a colaboración dos avogados galegos para consolidar avances na quenda de oficio e na mediación intraxudicial

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, acudiu hoxe á festividade de San Raimundo Peñafort organizada polo Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, no que se premiou á Cruz Vermella, se homenaxeou ao letrado Jesús Maroño por 60 anos de exercicio e se recoñeceu á traxectoria do exdirector xeral de Xustiza e secretario de Goberno do TSXG, Juan José Martín

10/06/22 | 19:25 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta debate ao redor das oportunidades e riscos que implica a intelixencia artificial na administración

Máis de cen persoas formáronse na EGAP sobre as vantaxes e aplicacións da IA no sector público e sobre a regulación legal desta nova disciplina

10/06/22 | 18:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reivindica a figura das pandeireteiras cunha edición do serán que trae ao Gaiás a 1.000 intérpretes para celebrar o bo momento da música da música tradicional

Este Encontro Galego de Cultura Popular, que se inicia hoxe e se prolonga ata o domingo, preséntase como un dos maiores eventos en Galicia ao redor da pandeireta

10/06/22 | 18:22 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca o papel de Galicia como referente a nivel nacional no tratamento da dor

No marco das xornadas "Dor oncolóxica: Segundo Tecnoforum", García Comesaña lembrou que para o Sergas a atención á dor, na que leva traballando máis dunha década, é unha das súas liñas estratéxicas

10/06/22 | 18:06

A Xunta inclúe no VIII Plan de igualdade de oportunidades o fomento de estilos de vida saudables e do autocoidado das mulleres

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, tomou parte hoxe en Nigrán no encontro anual de obradoiros da Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico (Adicam)

10/06/22 | 17:40 | A Presidencia da Xunta

Rueda pide á vicepresidenta Calviño un traballo conxunto para cumprir coas expectativas que Galicia ten nos fondos europeos destinados á industria

Trasladoulle os tres proxectos prioritarios que ten Galicia neste eido, como son Stellantis, Showa Denko ou o Polo forestal de Altri

10/06/22 | 17:16 | C. de Facenda e Administración Pública

O conselleiro de Facenda e Administración Pública recibe aos participantes na iniciativa Camiño 2022 na súa chegada a Santiago

Miguel Corgos agradece aos 400 empregados da empresa CISCO o seu proxecto solidario a prol da loita contra o cancro

10/06/22 | 16:05

A Xunta ultima unha ferramenta para analizar o avance en Galicia da axenda 2030 e pona á disposición do Goberno central para enriquecer a súa folla de ruta

Ángeles Vázquez salienta que xa se elaboraron dous informes de diagnóstico sobre os logros acadados na Comunidade e na actualidade estanse a revisar os indicadores