Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/06/22 | 15:32 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta ‘Xacobeas en concerto’ que contará coa presenza de artistas femininas o vindeiro 15 de xullo en Marín

A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe xunto á alcaldesa de Marín, María Ramallo e a artista Carolina Rubirosa, na presentación do cartel de concerto

10/06/22 | 15:21

A Xunta apoia a peregrinación por mar como unha oportunidade de reforzar a dimensión internacional do litoral galego e dar a coñecer os seus atractivos

O Executivo galego salienta as rutas marítimas do Camiño de Santiago como claves para impulsar os sectores turístico e náutico-recreativo así como o conxunto da economía de Galicia

10/06/22 | 15:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial de Galicia na oferta de servizos biotecnolóxicos para mellorar a calidade de vida das persoas

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou o Instituto de Estudios Celulares y Moleculares (ICM) en Lugo

10/06/22 | 15:11

Galicia defende en Bruxelas que a futura política pesqueira común teña en conta as singularidades das distintas rexións pesqueiras

O evento que acolle hoxe a capital belga é o paso máis importante do proceso de consulta que está a realizar a Comisión Europea para o informe sobre o funcionamento da PPC tras ter lugar debates a nivel rexional como a xornada organizada esta semana na Coruña
 
O ditame elaborado polo Consello Galego de Pesca sobre a folla de ruta da pesca europea defende unha PPC que aposte pola remuda xeracional, o comercio pesqueiro xusto, a pesca sostible e compatible coa conservación da biodiversidade, a adaptación ao cambio climático e a cogobernanza global

Estas cuestións xiran arredor doutros cinco obxectivos fundamentais como reforzar a unidade da Unión Europea en termos pesqueiros, acuícolas e de transformación e comercialización de produtos do mar e o desenvolvemento dun campo de xogo en igualdade de condicións
 
A comunidade galega trazou unha folla de ruta de debate con diferentes axentes de interese na procura de solucións conxuntas que satisfagan as demandas do sector marítimo-pesqueiro de cara á revisión da PPC e que ten como punto de partida o ditame elaborado no seo do Consello Galego de Pesca
10/06/22 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López anuncia que a Xunta executará ou activará case 6 M€ en investimentos ao longo deste ano no concello de Pontecesures

O delegado territorial presidiu esta mañá a sesión mensual de xuño da Comisión Territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, celebrada no consistorio de Pontecesures, ao abeiro do seu percorrido itinerante pola provincia, que xa a levou por Oia, Covelo, O Grove, Campo Lameiro, Lalín e Marín

10/06/22 | 14:46

A Xunta deseñará no seo do diálogo social unha nova estratexia de prevención e saúde laboral que dará resposta aos riscos emerxentes e tradicionais

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe en Santiago de Compostela no congreso internacional Dixitalización, cultura e saúde no traballo organizado pola Fundación ORP

10/06/22 | 14:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As actuacións levadas a cabo para reducir o nivel de arsénico no sistema de abastecemento de Castrelo de Miño permitiron normalizar o subministro ao contar coas garantías sanitarias para o consumo

Grazas ao establecemento dos novos sistemas de depuración, minimizáronse os niveis de arsénico detectados na auga de abastecemento, polo que dende hai dous días, tras os informes dos técnicos da Consellería de Sanidade, normalizouse o subministro

10/06/22 | 13:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAC acolle unha mostra adicada ás artes vivas, á performace e a fenómenos escénicos

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a exposición ‘O museo como escenario’, que poderá verse ata o día 2 de outubro

10/06/22 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta unha selección de novos materiais galegos no Festival de Innovación Rural da Fundación Cotec en Segovia

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe á inauguración por parte de S.M. o Rei Felipe VI deste encontro que se celebra na localidade de Otero de los Herreros