Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta conclúe a construcción da estación de autobuses intermodal de Urzaiz e reclama ao Concello que remate os accesos para que entre en funcionamento
A delegada territorial da Xunta visitou as novas instalacións xa rematadas tras un investimento de 18 millóns de euros
A Xunta saca a licitación a renovación da cuberta da lonxa de Muros por máis de 380.000 euros
Os interesados teñen de prazo ata o día 29 de xuño para presentar as súas ofertas para realizar uns traballos que consistirán na mellora das condicións de illamento e estanquidade do edificio
A Xunta pon en marcha unha nova liña de subvencións dotada con 850.000 euros para as salas de cine galegas
Apoiaranse proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos, e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual para espazos de exhibición comercial
A Xunta destaca a importancia de apoiar o emprego inclusivo e ás cooperativas promovidas por persoas con discapacidade para acadar unha sociedade máis xusta
A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, acompañada da directora de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou na xornada divulgativa sobre emprendemento cooperativo no ámbito da discapacidade organizada por In-RED e EspazoCoop
A Xunta pon en valor o Plan estratéxico do castiñeiro co que se prevé plantar ata o 2025 unhas 3.500 hectáreas para froito e outras 2.000 para madeira
José González explicou que este programa contempla un investimento público e privado de case 22 millóns de euros ata o 2025 e que ten como obxectivo global recuperar unhas 8.000 hectáreas de soutos e plantar outras 16.000 máis, para a produción de madeira e de froito, no horizonte de 2040
Fernández-Tapias recibe en Vigo aos policías de “Motos pola Paz” que participan no proxecto “Camiños de Europa 2022”
A delegada territorial da Xunta deu a benvida aos axentes de varios países que realizan a ruta por terras galegas e recibiu un gallardete de mans do presidente de Motos pola Paz e as Cerámicas do Camiño de Santiago
A Xunta financia con 84.000 euros un programa de inserción sociolaboral para mulleres en risco de exclusión en Lugo
Está xestionado por Alar Galicia e formou a 70 participantes nos case dous anos de vixencia, das que 20 recibiron hoxe os seus diplomas na Delegación Territorial
A delegación da Xunta prolonga unha semana as visitas guiadas á exposición Miradas do imperio co seu autor, Alfredo Eiras
Hoxe desfrutaron da mostra os alumnos e alumnas de quinto e sexto de Primaria do colexio Divina Pastora así como usuarios de Aspnais
Conde destaca a valía da nova secretaria xeral de Industria e do director xeral de planificación enerxética para levar adiante as prioridades e obxectivos da axenda enerxética de Galicia 2030
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu á toma de posesión de Paula Uría, como secretaria xeral de Industria, e de Pablo Fernández Vila, como novo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais