Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

02/06/22 | 18:12 | A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en valor a calidade da oferta turística de Galicia no marco do VI Congreso internacional de Calidade e Sustentabilidade Turística en Cartaxena

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta tarde en Cartaxena no VI Congreso Internacional de Calidade e Sostibilidade,

02/06/22 | 17:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a licitación do derrubamento do inmoble onde se emprazará a futura residencia de maiores de Ribeira

O orzamento para esta actuación supera os 540.000 euros e poderanse presentar ofertas ata o 23 de xuño
 
O novo centro de atención a persoas maiores contará cun investimento de 10 millóns de euros, 100 prazas públicas de atención e converterase na primeira residencia en aplicar as innovación do novo modelo residencial
02/06/22 | 17:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O bono turístico “Quedamos en Galicia 2022” ten adheridos 50 establecementos na comarca do Barbanza

O delegado da Xunta visitou, esta mañá, os Nidos de Carnota, un dos locais dispoñibles na selección deste bono

02/06/22 | 17:24 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta no Comité das Rexións pola xestión sustentable do territorio rural como a mellor fórmula para garantir un sector primario forte

José González trasladou que a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia contribúe a afrontar o reto demográfico e subliñou que se basea en criterios adaptados ás esixencias do Pacto Verde Europeo e da estratexia da granxa á mesa

02/06/22 | 16:09 | A Presidencia da Xunta

Fernández-Tapias recibe á goleta “Atyla” na súa viaxe para iniciar a ruta Iacobus Maris Xacobeo 21-22

A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu ao Peirao de Transatlánticos para saudar á tripulación do barco que participará na travesía desde Xénova o 25 de xuño e que chegará á cidade olívica o 23 de xullo

02/06/22 | 15:32 | Secretaría Xeral para o Deporte
02/06/22 | 15:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lamenta que a nova Lei de universidades siga sen solucionar os problemas estruturais e poida xerar desigualdades no sistema

O Goberno galego asegura que a última versión do texto que o Goberno Central quere elevar a Consello de Ministros segue sen ter en conta propostas de mellora sobre aspectos como a gobernanza, a financiación, os contratos de traballo e a investigación

02/06/22 | 15:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará o proxecto para a rehabilitación dos lavadoiros tradicionais en Vigo con 450.000 euros para a contratación de persoas perceptoras de Risga

A delegada territorial da Xunta en Vigo informou da aprobación do subvención para a contratación temporal do persoal

02/06/22 | 15:11 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que Galicia xestionará os 111 M€ do fondo de transición xusta co obxectivo de identificar proxectos que xeren oportunidades entre as pemes

Esta iniciativa busca a transformación do tecido empresarial e xerar un impacto económico e social positivo nos lugares identificados como zonas de transición xusta, que no caso de Galicia se corresponde coa provincia da Coruña polo peche das centrais de Meirama e das Pontes